Mathieu Debuchy
Mathieu Debuchy, nado o 28 de xullo de 1985 en Fretin, é un futbolista francés. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AS Saint-Étienne.
Mathieu Debuchy | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Mathieu Debuchy | ||
Nacemento | 28 de xullo de 1985 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Fretin | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Saint-Étienne | ||
Número | 26 | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–1993 | Frétin | ||
1993–2003 | Lille | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2013 | Lille | 233 | (16) |
2013–2014 | Newcastle United | 43 | (1) |
2014–2018 | Arsenal | 13 | (1) |
2016 | → Bordeaux (cedido) | 9 | (0) |
2018– | Saint-Étienne | 18 | (4) |
Selección nacional | |||
2011– | Francia | 27 | (2) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 15 de setembro de 2018. Selección: actualizado a 10 de outubro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Club Editar
Debuchy comezou a súa carreira no club da súa cidade natal, o Union Sportive Frétin, antes de fichar polo Lille OSC ós oito anos. Tras pasar dez anos na canteira do Lille, foi ascendido ó primeiro equipo antes do parón de inverno da tempada 2003-04. Fixo o seu debut coma profesional e coma titular no primeiro equipo o 30 de xaneiro de 2004 nun partido de liga contra o FC Metz.[1]
O 4 de xaneiro de 2013, Debuchy fichou polo Newcastle United FC inglés, a cambio de 5.5 millóns de libras. Asinou un contrato de 5 anos e medio, ata o verán de 2018.[2] Fixo o seu debut co Newcastle o 12 de xaneiro de 2013 contra o Norwich City.[3]
Selección Editar
O 5 de agosto de 2010, Debuchy foi chamado por primeira vez coa selección francesa para disputar un amigable contra a selección noruega o 11 de agosto de 2010. Anotou o seu primeiro gol coa selección o 27 de maio de 2012 contra Islandia.
Foi incluído tamén no equipo da selección francesa para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.
Palmarés Editar
Club Editar
- Lille
- Ligue 1: 1
- Copa de Francia: 1
- 2010-11
- Arsenal
- FA Cup: 1
- 2014–15
- 2014, 2015
Notas Editar
- ↑ "Metz v. Lille Match Report". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2012.
- ↑ "Newcastle complete Debuchy signing". Newcastle United F.C. 4 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Norwich v Newcastle: Debuchy Starts". Newcastle United F.C. 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil no Lille OSC
- Perfil na web da Ligue 1 Arquivado 26 de xuño de 2010 en Wayback Machine.