Mateu Morral i Roca

(Redirixido desde "Mateo Morral")

Mateu Morral i Roca, nado en Sabadell o 27 de novembro de 1879[1] e finado en Torrejón de Ardoz o 2 de xuño de 1906, foi un anarquista catalán. É coñecido como responsable do atentado contra Afonso XIII e a raíña Vitoria Uxía de Battenberg o día da súa voda, o 31 de maio de 1906.

Mateu Morral i Roca
Mateu Morral.jpg
Nacemento27 de novembro de 1879
 Sabadell
Falecemento2 de xuño de 1906
 Torrejón de Ardoz
Causaferida por arma de fogo
SoterradoCemiterio Civil de Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbibliotecario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do empresario téxtil (fiadura) Martín Morral de Sabadell que militaba en Unión Republicana mentres que a sú nai Ángela Roca, era unha católica integrista, moi influída polas ideas do crego, tamén sabadellense, Félix Sardá i Salvany.​[2] Falaba varios idiomas. Nunha viaxe por Alemaña coñeceu e adoptou o anarquismo como ideoloxía. De volta en España decidiu abandonar o negocio familiar, e comezou a traballar con Francesc Ferrer i Guàrdia como bibliotecario. Nese período escribe algúns textos breves, como "Pensamientos Revolucionarios de Nicolás Estévanez", publicado cun prólogo de Federico Urales.

AtentadoEditar

En 1906 viaxou a Madrid a preparar o atentado contra o Rei, consistente nunha bomba de fabricación caseira das denominadas de inversión, tamén coñecidas como como bomba Orsini. O propio Mateo Morral escribira unha "descrición minuciosa de como había de fabricarse o explosivo" nun un libro titulado Pensamiento revolucionario.[3] A bomba, segundo Pío Baroja, fóralle entregada dez días antes, prodecente de Francia e envolta nunha bandeira francesa, polo seu ideólogo favorito, o militar e ex-Ministro da Guerra durante a Primeira República, Nicolás Estévanez. A bomba estaba oculta nun ramo de flores que guindou desde o balcón da pensión na que se hospedaba contra a comitiva ó paso desta.

A pensión estaba localizada no terceiro piso do número 84 da rúa Maior. O ramo coa bomba foi dirixido cara a carroza real, pero tropezou na súa caída co tendido do tranvía, desviándose cara a multitude que estaba observando a comitiva. Os reis saíron ilesos, pero case trinta persoas morreron. Morral conseguiu escapar de Madrid (ó parecer coa axuda do xornalista José Nakens), pero o 2 de xuño foi recoñecido por varias persoas nun terreo próximo a Torrejón de Ardoz, onde se detivo para comer. Estas persoas avisaron a un garda xurado particular de campo, Fructuoso Vega, que tras algunhas pescudas conminouno a seguilo. Entregouse pacificamente, pero cando era conducido polo garda ó cuarteliño de Torrejón de Ardoz matouno dun tiro, suicidándose a continuación.

Tanto o seu corpo como o do garda foron mostrados na Casa do Concello da vila ata que foron levados a Madrid ás poucas horas.

No posterior xuízo José Nakens, Francesc Ferrer i Guàrdia e outros anarquistas foron condenados por conspiración. Un ano despois foron indultados.

NotasEditar

  1. Masjuan (2009), p. 26
  2. Berenguer, Arnau. "Morral Roca, Mateu". historiadesabadell.com (en catalán). Consultado o 10-4-2020. 
  3. Pérez Abellán, Francisco (1-4-2015). "Mateo Morral y su trama intentaron matar al Rey en París un año antes". abc.es (en castelán). Consultado o 10-4-2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Masjuan, Eduard (2009). Un héroe trágico del anarquismo español. Mateo Morral, 1879-1906. Colección: Antrazyt (en castelán). Barcelona: Icaria. ISBN 978-8498881288. 
  • Nakens, José (2010). Grimaldos, Alfredo, ed. Puntos Negros y otros artículos (en castelán). Madrid: La Linterna Sorda Ediciones. ISBN 978-8493656287. 

Ligazóns externasEditar