Matas Jogėla

baloncestista lituano

Matas Jogėla, nado o 10 de xullo de 1998 en Tauragė, é un xogador lituano de baloncesto profesional. Formado nas categorías inferiores do BC Rytas de Vilnius, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,01 m, xoga na posición de ala.[2]

Matas Jogėla
Río Breogán  – No. 8
Información persoal
Nacemento 10 de xullo de 1998 (25 anos)
Lituania Tauragė, Lituania
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 87 kg (198 lb)
Posición Ala
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Canteira Rytas
NBA Draft 2019 / Rolda: Non drafteado
Internacional Categorías inferiores
Carreira 2016−presente
Historial de equipos
Žalgiris Kaunas (2016–2019)
Žalgiris-2 Kaunas (2016–2018)
Dzūkija Alytus (2018–2019)
Neptūnas Klaipėda (2019–2023)
Río Breogán (2023−presente)

Traxectoria editar

Nado en Tauragė, Lituania, Jogėla comezou a súa carreira co equipo reserva do Lietuvos rytas de Vilnius, onde fixo unha media de 9,3 puntos, 2,0 rebotes e 1,0 asistencias por partido no Torneo Adidas Next Generation (ANGT) da temporada 2015–16.[3] En 2016 asinou polo Žalgiris Kaunas, xogando durante as dúas seguintes campañas no filial Žalgiris-2 da Nacionalinė krepšinio lyga (NKL), segunda categoría do baloncesto lituano. Na temporada 2016-17, Jogėla fixo unha media de 5,6 puntos, 3,6 rebotes e 1,1 asistencias por partido. Con todo, unha lesión no pé deixouno inactivo durante boa parte da tempada. Ao ano seguinte, foi un dos xogadores destacados do equipo, cunha media de 11,5 puntos e 5 rebotes por xogo.

O 10 de abril de 2018, Jogėla anunciou a súa intención de participar no draft da NBA de 2018, aínda que finalmente non foi seleccionado. Na seguinte campaña fixo a pretemporada co primeiro equipo da Euroliga, mais finalmente foi cedido ao En agosto, Jogėla uniuse ao campamento de pretemporada do Žalgiris Kaunas, pero logo foi cedido Dzūkija Alytus da Lietuvos krepšinio lyga (LKL), a máxima categoría do país. Após finalizar a temporada, asinou co Neptūnas Klaipėda, un dos equipos lituanos máis prestixiosos, onde foi mellorando as súas prestacións cada ano até conseguir 12,8 puntos, 5,0 rebotes e 2,1 asistencias por partido na temporada 2022−23). Após finalizar a temporada, o 13 de xuño de 2023 asinou co Río Breogán da Liga ACB.[1]

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Jogėla ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "O aleiro lituano Matas Jogela, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 13 de xuño de 2023. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Matas Jogėla, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2023. 
  3. "Matas Jogėla pasidabino Europos čempionato sidabru". Tauragės Žinios (en lituano). Consultado o 27 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar