Masaru Emoto

escritor xaponés

Masaru Emoto, nado en Yokohama o 22 de xullo de 1943 e finado en Toquio o 17 de outubro de 2014[1], foi un autor xaponés coñecido polas súas teorías sobre as cristalizacións da auga doce, e as diversas formas que segundo el esta presenta dependendo da súa calidade, mais tamén antes e despois de lle falar, rezar, exporse a música ou a imaxes. Emoto nunca publicou ningún traballo en ningunha revista con comité científico de selección e as súas teorías están consideradas pseudociencia[2][3].

Infotaula de personaMasaru Emoto
Nome orixinal(ja) 江本勝 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1943 Editar o valor em Wikidata
Iocoama, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte17 de outubro de 2014 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Xapón Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio do Xapón (–1947)
Xapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónYokohama City University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónensaísta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webmasaru-emoto.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2168634 BNE: XX1699038 Editar o valor em Wikidata
Cristais de neve por Wilson Bentley, moi semellantes ás cristalizacións da auga.

Traxectoria

editar

Emoto é coñecido por realizar estudos sobre o holismo da auga: como se forman diferentes clases de cristais dependendo de palabras, sons ou imaxes ás que se expón. Nas súas múltiples fotografías de auga conxelada podemos observar figuras hexagonais harmónicas se a auga é moi pura ou se estivo exposta a pensamentos ou voces positivas, imaxes agradábeis ou música harmoniosa.

Segundo Emoto a importancia dos descubrimentos consiste en que os seres humanos temos altas porcentaxes de auga, e o feito de escoitarmos (ou emitirmos) oracións e pensamentos positivos vai mellorar a nosa vida e saúde; polo contrario, oracións e pensamentos negativos non fan máis que mal ao noso corpo, porque iso queda reflectido na auga do noso corpo.

Masaru Emoto participou persoalmente, xunto á súa esposa, no segundo encontro internacional de Ecoloxía da Auga, celebrado en Ourense os días 8, 9 e 10 de setembro de 2006, onde amosou unha especial preocupación pola paz e benestar mundial.

  1. "Legendary Water Researcher, Author and Emissary for Peace Dr. Masaru Emoto Passes Away at the age of 71" (en inglés). prweb.com. 20 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2014. 
  2. Stephen Lower
  3. "Kristopher Setchfield". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2019. Consultado o 02 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Mensaxes da auga, que está traducido a máis de 33 linguas e ten unha versión para nenas e nenos.
  • O poder curativo da auga.

Ligazóns externas

editar