María Elena Walsh
María Elena Walsh, nada en Ramos Mejía, Buenos Aires o 1 de febreiro de 1930 e finada en Buenos Aires o 10 de xaneiro de 2011, foi unha poetisa, escritora e cantautora arxentina.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1930 Villa Sarmiento (Buenos Aires), Arxentina (pt) |
Morte | 10 de xaneiro de 2011 (80 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | Osteoporose |
Lugar de sepultura | Mausoleum of the Argentine Society of Authors and Composers (en) |
Residencia | Casa Museo María Elena Walsh (en) Ramos Mejía París |
Actividade | |
Ocupación | escritora, compositora, escritora de literatura infantil, compositora de bandas sonoras, cantautora, novelista, xornalista, cantante, guionista, poetisa |
Período de actividade | 1945 - |
Membro de | |
Instrumento | Voz |
Compañeiro profesional | Leda Valladares (en) : Leda y María (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parella | Sara Facio María Herminia Avellaneda Leda Valladares Ángel Bonomini |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Metromod (en) |
Traxectoria
editarEspecialmente famosa polas súas obras infantís, entre as que destacan o personaxe/canción Manuelita la tortuga e os libros Tutú Marambá, El reino del revés e Dailan Kifki, foi tamén autora de difundidas cancións populares para adultos, entre elas Como la cigarra, Serenata para la tierra de uno e El valle y el volcán. Outras cancións da súa autoría que integran o cancioneiro popular arxentino son La vaca estudiosa, Canción de Titina, El Reino del Revés, La pájara Pinta, La canción de la vacuna (El brujito de Gulubú), La reina Batata, El twist del Mono Liso, Canción para tomar el té, En el país de Nomeacuerdo, La familia Polillal, Los ejecutivos, Zamba para Pepe, Canción de cuna para un gobernante, Oración a la justicia, Dame la mano y vamos ya etc. Entre os seus álbums destacados están Canciones para mirar (1963) e Juguemos en el mundo (1968).
A coñecida película de animación Manuelita (1999), dirixida por Manuel García Ferré para o público infantil, inspírase no seu famoso personaxe e reúne as súas cancións.
Entre 1951 e 1963 formou o dúo Leda y María xunto a Leda Valladares e entre 1985-1989 foi designada polo presidente Raúl Alfonsín para integrar o Consejo para la Consolidación de la Democracia. Entre os artistas que difundiron o cancioneiro de María Elena Walsh destacan o Cuarteto Zupay, Luis Aguile, Mercedes Sosa, Jairo, Rosa León e Joan Manuel Serrat.
Publicou máis de 20 discos e escribiu mas de 50 libros na súa carreira.