Martin Solveig, nado Martin Picandet o 22 de setembro de 1976, é un DJ, cantante esporádico e produtor francés de música electrónica. Tamén realiza un programa na radio FG DJ Radio. Ten contrato con Defected Records de Londres.

Martin Solveig
Nome completoMartin Picandet
Nacemento22 de setembro de 1976
Lugar de nacementoParís
NacionalidadeFrancia
Ocupacióndisc-jóckey, cantante, compositor, cantautor, produtor musical e compositor de cancións
Premioscabaleiro da orde das Artes e as Letras e Oficial das Artes e das Letras
Na rede
http://www.martinsolveig.com
IMDB: nm1528519 Facebook: MartinSolveig Twitter: martinsolveig Instagram: martinsolveig MySpace: martinsolveig Youtube: UCL_XuR9jOkgivUmZGaXPEeA Souncloud: martinsolveig Spotify: 1bj5GrcLom5gZFF5t949Xl iTunes: 15201848 Last fm: Martin+Solveig Musicbrainz: 06db73fd-57e2-4a6f-bcd3-699fb7bb7af4 Songkick: 414655 Discogs: 6540 Allmusic: mn0000418582 Deezer: 2046 Genius: Martin-solveig Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Inicios da súa carreira editar

Nado no 1976, aos 13 anos conseguiu o seu primeiro tocadiscos, mais non foi até 1992 que Martin se decidiu a comezar a súa carreira na música electrónica aínda sendo educado na música clásica (Martin era un solista soprano no coro parisiense Les Petits Chanteurs de Sainte-Croix de Neuilly). Debutou coa súa primeira residencia no club de París Le Palace co apoio de Claude Monnet.

Martin Solveig mudouse a outro famoso club nocturno parisiense Les Bains Douches, onde traballou con famosos DJ's como Todd Terry, Roger Sánchez e Bob Sinclar. A súa popularidade chegou aínda máis lonxe grazas ás festas Pure no Queen Club tanto no papel de DJ, como de director artístico.

Discos gravados nos seus inicios editar

Comezou a producir nunha etapa temperá da súa carreira. A través do seu propio selo, editou dous sinxelos de 12 polgadas, "Heart of Africa" e "Come With Me". Estes combinan a música dance coa música interpretada con instrumentos tradicionais. Bob Sinclar convidouno a se unir ao proxecto Africanism que combina música africana e música electrónica. Após isto, lanzou o sinxelo "Edony", con boa acollida en todo o mundo.

Carreira posterior editar

No 2002, lanzou o álbum Sur La Terre, que contén tanto "Heart of Africa" como "Edony". O álbum foi lanzado internacionalmente por Universal Music. Outra faixa notábel do álbum é "Linda", un tributo a Fela Kuti e Serge Gainsbourg. O álbum foi lanzado no 2004 nos Estados Unidos. No 2003, traballou con Salif Keïta en "Madan" que triunfou en Europa, sobre todo en Francia, Italia e Grecia. "Rocking Music", na que destaca unha figura rítmica de guitarra punk rock (e tamén coñecido por ter a voz de Jay Sebag), chegou ao top 40 en Australia. "Madan" e "Rocking Music" foran remisturados no seu segundo álbum, Suite. Madan foi remisturado novamente como unha canción para a Copa do mundo de Francia, 'Zidane Il Va Marquer!" antes da final entre Italia e Francia. Os seguintes sinxelos inclúen "I'm A Good Man", and "Everybody". Solveig era un dos produtores para o álbum de Bob Sinclar Western Dream. No ano 2007 Martin Solveig foi o DJ do congreso do UMP, o partido de ideoloxía conservadora de Nicolas Sarkozy, xusto antes da escolla presidencial francesa.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Ano Álbum Posto
FRA
[1]
BEL (FLA) BEL (WAL) SWI
[2]
2002 Sur la Terre
  • Primeiro álbum de estudio
  • Realizado: 2002
2003 Suite
  • Segundo álbum de estudio
  • Realizado: 2003
84
2005 Hedonist
  • Terceiro álbum de estudio
  • Realizado: 2005
43 99
2008 C'est La Vie
  • Cuarto álbum de estudio
  • Realizado: 2008
16 99 23 59
2011 Smash 18 37 77

Sinxelos editar

  • 1998 "Break Da EP"
  • 1999 "Heart Of Africa/Afro Deep"
  • 2000 "Come With Me"
  • 2000 "Destiny"
  • 2000 "Edony (Clap Your Hands)", como Africanism
  • 2001 "Mr. President"
  • 2002 "Linda"
  • 2002 "Someday"
Ano Título Posto Certificaciones Álbum
FRA
[1]
AUS
[4]
AUT
[5]
BEL (FL)
[6]
CAN
[7]
BEL (WA)
[6]
NLD
[8]
NZ
[9]
SWI
[2]
UK
[10]
US
[11]
2003 "Madan" (vs. Salif Keita) 37 64 87 66 Sur La Terre
"Rocking Music" 47 39 54 64 82 35
"Heartbeat" [A]
2004 "I'm a Good Man" 57
2005 "Everybody" 37 33 28 27 22 Hedonist
2006 "Jealousy" 36 30 40 60 62
"Something Better" 64
2007 "Rejection" 34 57 52 55
2008 "C'est La Vie" 53 59 63 C'est la vie
"I Want You" (con Lee Fields) 59 54 37
2009 "One 2.3 Four" 52 57
"Boys & Girls" (con Dragonette) 17 Smash
2010 "Hello" (con Dragonette) 5 13 1 1 8 2 1 5 10 13 46
2011 "Ready 2 Go" (con Kele) 20 49 65 58 24 70 48

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar