Martin Eden

novela de Jack London

Martin Eden é unha novela de 1909 escrita polo autor estadounidense Jack London. Conta a historia dun mozo proletario e autodidacta e a súa loita por converterse en escritor. O tema central do desenvolvemento artístico de Eden sitúa a novela dentro da tradición do Künstlerroman, un xénero no cal se narra a creación e o desenvolvemento dun artista.[1][2][3] Foi publicada orixinalmente de forma serializada na revista The Pacific Monthly dende setembro de 1908 até setembro de 1909 e posteriormente foi publicado en formato libro por Macmillan en setembro de 1909.

Martin Eden
Portada da primeira edición.
Título orixinalMartin Eden
Autor/aJack London
CubertaCarlos Valdés (gl)
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Macmillan
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub. 1909
Galicia 2019
FormatoTapas duras
Páxinas504
ISBNISBN 978-84-948421-7-7 (gl)
TraduciónCelia Recarey
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Celia Recarey [4] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2019.

Notas editar

  1. Sam S. Baskett (1976) Martin Eden: Jack London's Poem of the Mind, in Modern Fiction Studies, 22 (1976), pp. 23–36
  2. James Burrill Angell (2006) Martin Eden and the Education of Henry Adams: The Advent of Existentialism in American Literature, p.69
  3. Earle Labor, Jeanne Campbell Reesman (1994) Jack London p.76 quotation: "Martin Eden is part of a literary tradition that includes such classics as Goethe's Wilhelm Meister's Apprenticeship, Melville's Pierre, Somerset Maugham's Of Human Bondage, DH Lawrence's Sons and Lovers, and Thomas Wolfe's Look Homeward, Angel.
  4. Irmás Cartoné (ed.). "Martin Eden por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2019. Consultado o 18 de novembro de 2019.