Marta Soliño
instagrameira e poeta galega
Marta Soliño Rodríguez, nada en Vigo en 1998[1], coñecida polo seu nome poético de Male di Miele, é unha instagrameira e poeta galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1998 (25/26 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | poetisa |
Pseudónimo literario | Male di Miele |
Traxectoria
editarLicenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid (realizou un erasmus na Universidade Libre de Bruxelas),[2] na Universidade da Coruña realizou un mestrado de xornalismo avanzado multiplataforma[3][2]. Empezou a escribir con 17 anos poesía nun blog, xa co pseudónimo de Male di Miele. En 2019 muda de medio e pasa ao Instagram, onde consegue acadar un importante éxito. A repercusión dos poemas que publica en Instagram (650 000 seguidores en 2021[4][5]) fai que lle publiquen[6] en 2020 o seu primeiro libro en papel.
Obra
editar- Reinventarse un domingo (Valparaíso, 2020)
Notas
editar- ↑ "Marta Soliño". valparaisoediciones.es. Consultado o 2021-09-16.
- ↑ 2,0 2,1 Carro, Ana (2021-09-16). "Versos gallegos que conquistan la red". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-09-16.
- ↑ "Marta Soliño". LinkedIn. Consultado o 15/03/2022.
- ↑ 654 000 seguidores. Consultado o 16 de setembro de 2021.
- ↑ "Mdimiele_". www.instagram.com. Consultado o 2021-09-16.
- ↑ Canoa, Natalia (2021-07-19). "Marta Soliño: "Mis seguidores pensaban que yo era un chico"". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-09-16.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Blog (ata decembro de 2020) de Male di Miele.