Marta Rouco

política galega

Marta Rouco Seoane, nada en Goiriz (Vilalba) en 1983, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaMarta Rouco
Biografía
Nacemento1983 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Goiriz, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Vilalba
2023 –
← Elba Veleiro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e máster en Administración Financieira e Tributaria pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Traballou en sucursais bancarias e nunha mutua colaboradora da Seguridade Social. Foi nomeada xerente do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento en xaneiro de 2018.[1] Militante do PSdeG-PSOE, foi elixida secretaria de Seguridade e Emerxencias da executiva do partido en decembro de 2021.[2] Presentouse nas listas socialistas nas eleccións municipais de 2011 sen saír elixida, mais entrou na corporación vilalbesa nas de 2015. Nas eleccións municipais de 2023 foi a número tres da candidatura do PSdeG-PSOE de Vilalba e foi elixida concelleira.[3] Cando en outubro do mesmo ano, a alcaldesa Elba Veleiro dimitiu, ela foi a escollida para substituila.[3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Arias, Cristina (14 de xaneiro de 2018). "La vilalbesa Marta Rouco asume la gerencia del consorcio de bomberos". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2023. 
  2. Redacción/Axencias, elprogreso.es (2021-12-08). "Formoso incluye a 13 lucenses en su equipo para comandar el socialismo gallego". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-10-05. 
  3. 3,0 3,1 Palacios, Xosé María (2023-10-03). "Así es Marta Rouco, la nueva alcaldesa de Vilalba". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-10-05. 
  4. Varela, Suso; Palacios, Xosé María (1 de novembro de 2023). "Dimite la alcaldesa del PSOE de Vilalba, Elba Veleiro, para regresar como médica a su centro de salud". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar