Marta Mariño Regueiro
avogada e política galega
Marta Mariño Regueiro, nada en Vigo en 1971, é unha avogada e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Vigo, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | funcionaria pública, política |
Empregador | Xunta de Galicia |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Traxectoria
editarLicenciada en Dereito. Funcionaria superior da Administración autonómica. Foi xefa provincial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Pontevedra. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024 presentouse no posto 8 da candidatura do PPdeG pola Pontevedra e foi elixida deputada.[1]
Notas
editar- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta Mariño Regueiro |