Marta Gómez Martín
política galega
Marta Gómez Martín, nada en Salcedo (Pontevedra) o 18 de xullo de 1997,[1] é unha política galega que, dende 2021, é Secretaria Xeral de Galiza Nova.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1997 ![]() Salcedo, España ![]() |
![]() | |
2021 – ← Paulo Ríos Santomé ![]() | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | Nacionalismo de esquerdas, nacionalismo galego, socialismo, independentismo galego, feminismo e ecoloxismo ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Deporte | rugby ![]() |
Familia | |
Parella | Iago Suárez ![]() |
Pai | Demetrio Gómez Xunqueira ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Ciencias do Mar na Universidade de Vigo. Durante os seus anos universitarios foi responsable de zona de Pontevedra en Erguer.[Cómpre referencia]
Tras tempo simpatizando, comezou a militar con 18 anos [Cómpre referencia] en Galiza Nova na comarca Pontevedra-Caldas, da que colleu a Responsabilidade Comarcal, por primeira vez, en 2018.[3]
Foi elixida secretaria xeral de Galiza Nova en 2021,[4] substituíndo a Paulo Ríos Santomé no cargo. En decembro de 2023 foi reelixida no posto co 90% dos votos da Asemblea Nacional.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova: "Queremos ser o altofalante do BNG para a mocidade"". Nós Diario. 7 de decembro de 2023. Consultado o 26 de maio de 2024.
- ↑ Diario, Nós (2023-12-07). "Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova: "Queremos ser o altofalante do BNG para a mocidade"". Nós Diario. Consultado o 2024-12-15.
- ↑ "Marta Gómez e Jorge Vilariño, novas responsábeis en Pontevedra-Caldas". galizanova.gal. Consultado o 15/12/2024.
- ↑ "@SrtaMGM nova secretaria xeral de Galiza Nova tras a XVI Asemblea Nacional". Consultado o 11 de setembro de 2021.