Mario Vázquez Raña

empresario mexicano de ascendencia galega

Mario Vázquez Raña, nado na Cidade de México o 7 de xuño de 1932, e finado ibídem o 8 de febreiro de 2015,[1] foi un empresario e dirixente olímpico mexicano. Foi fillo de Venancio Vázquez Álvarez, un galego que emigrou coa súa muller e os seus fillos dende Ourense a México en 1928, onde rexentou un pequeno almacén nun barrio da capital mexicana.

Infotaula de personaMario Vázquez Raña
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1932 Editar o valor em Wikidata
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Era licenciado en Administración de Empresas pola Universidade Nacional Autónoma de México. Comezou traballando xunto ao seu pai, pero axiña o seu pequeno negocio converteuse nunha tenda de considerables dimensións, logo coñecida como Almacenes Hermanos Vázquez, cuxo consello de dirección presidiu entre 1960 e 1980.[2]

Premios e recoñecementos

editar
  • Recibiu a medalla de Prata da Orde Olímpica en 1978.
  • Medalla Castelao en 1992.
  • Foi nomeado Oficial da Lexión de Honra da República Francesa en 2006.

Controversias

editar

O 5 de abril de 2008, Vázquez Raña recibiu atención da prensa internacional logo de dicir que "o Tíbet é un problema chinés, e non ten relevancia para os Xogos Olímpicos".[3]

En maio de 2012, Vázquez Raña volveu ser mencionado nos medios de comunicación logo de acusacións de que a Organización Editorial Mexicana manipulou artigos a prol do daquela candidato presidencial Enrique Peña Nieto.

  1. "Long time IOC member Vazquez-Rana dies at 82". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 2015-10-27. Consultado o 2017-01-14 – vía Yahoo! News. 
  2. "Biografía por Univisión". 
  3. "Vazquez: A boycott of Beijing Olympic would be 'serious error'". ESPN. 5 de abril de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2010.