Mario Losada

futbolista español

Mario Losada Laguna, nado en Madrid o 13 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF.

Mario Losada
Información persoal
Nome Mario Losada Laguna
Nacemento 13 de maio de 1997
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Unionistas
Número 7
Carreira xuvenil
Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2018 Trival Valderas 69 (17)
2018–2019 Alcorcón B 37 (12)
2019 Alcorcón 2 (0)
2019–2020 Fabril 24 (11)
2020–2021 Las Rozas 23 (6)
2021–2022 Zamora 34 (2)
2022– Unionistas 36 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Madrid, sendo fillo dun galego da provincia de Lugo,[1][2] e formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano. En agosto de 2016 fichou polo Trival Valderas de Terceira División, co que xogou durante os seguintes dous anos, marcando no segundo deles 14 goles.

En xullo de 2018 foi contratado polo Alcorcón para xogar no seu filial, tamén en Terceira.[3] O 1 de xuño de 2019 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido na casa ante o Gimnàstic de Tarragona, substituíndo na segunda parte a Borja Galán.[4] Na tempada 2019/20 instalouse na Coruña para xogar co Fabril en Terceira, anotando 13 goles co equipo galego nun total de 26 partidos. Despois de pasar polo Las Rozas e polo Zamora, en 2022 fichou polo Unionistas de Salamanca.[5]

Notas editar

  1. Núñez, Alfonso (9 de novembro de 2019). "Mario Losada: «Los jugadores del Fabril están preparados para ayudar al primer equipo»". Riazor.org (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  2. García, Rubén (30 de outubro de 2019). "Mario Losada: “Las oportunidades no se regalan, se ganan día a día”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  3. "Conoce la situación de la plantilla" (en castelán). 15 de xullo de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  4. Guillén, Víctor (1 de xuño de 2019). "Descalabro alfarero para despedir la temporada en Santo Domingo" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  5. "Mario Losada ficha por el Unionistas" (en castelán). 18 de xuño de 2022. Consultado o 22 de outubro de 2023.