Mario Draghi

Mario Draghi, nado o 3 de setembro de 1947 en Roma, é un economista, banqueiro e político italiano. Foi presidente do Banco Central Europeo dende 2011 até 2019. Previamente foi gobernador do Banco de Italia. Dende febreiro de 2021 exerce como presidente do Consello de Ministros de Italia no 67.º gabinete da República Italiana e o terceiro da XVIII lexislatura.

Mario Draghi
Mario Draghi 2021 cropped.jpg
Nacemento3 de setembro de 1947
Lugar de nacementoRoma
NacionalidadeItalia
Alma máterLiceo Classico Massimiliano Massimo, Universidade de Roma La Sapienza e Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Ocupacióneconomista, banqueiro, profesor universitario e político
FillosFederica Draghi e Giacomo Draghi
IrmánsAndreina Draghi
PremiosCabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, honorary doctor of Tel Aviv University, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, Honorary doctor of the University of Bologna, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, doutor honoris causa, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, M100 Media Award e Time 100
Mario Draghi signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Nunha reunión do G-7 en Istambul (outubro do 2009)

BiografíaEditar

Estudos e carreira académicaEditar

Nunha familia acomodada de Roma, perdeu aos seus pais durante a súa mocidade.[1] Doutórase en 1970 en Economía na Universidade da Sapienza, baixo a dirección do profesor Federico Caffe. A continuación inicia estudos no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts con Franco Modigliani e Robert Solow, e obtén o doutoramento en 1976. Entre 1974 e 1978 imparte docencia como profesor encargado na Universidade de Trento, na Universidade de Padua e na Universidade de Venecia, e a continuación será profesor ordinario de economía política e monetaria na Facultade de Ciencias Políticas "Cesar Alfieri" da Universidade de Florencia (entre 1981 e 1991)[2].

Cargos públicosEditar

Foi o artífice das máis importantes privatizacións de empresas públicas italianas. Ocupou diversos cargos no Ministerio do Tesouro italiano durante a década do noventa. En 1991 foi nomeado Director Xeral do Tesouro, cargo no que se mantivo ata 2001, período durante o cal houbo dez gobernos. Entre 1991 e 2001 foi Presidente do Comité de Privatizacións. Durante este período Italia foi sacudida por graves escándalos de corrupción. Os italianos culparon a algúns políticos influentes, pero Draghi chegou á conclusión de que o risco era inherente a un sistema no cal o estado desempeña un papel relevante como empresario. Situouse a favor das privatizacións como unha solución permanente.

Formou parte do Consello de Administración de diversos bancos e empresas: Eni, IRI, Banca Nazionale do Lavoro e IMI[3].

En 1998 asinou o texto único sobre finanzas, coñecido como "Lei Draghi", que introduciu en Italia a normativa en materia de ofertas públicas de adquisición e o auxe das sociedades cotizadas en bolsas de valores. Telecom Italia foi a primeira sociedade obxecto dunha opa, por parte de Olivetti, de Roberto Colaninno, que emprendeu a onda de privatizacións. Ata 1999, efectuáronse, en total, privatizacións por un valor total de mercado de 108.000 millóns de dólares estadounidenses. Os fondos provenientes das privatizacións axudaron a reducir a débeda pública e deste xeito cumprir cos criterios do Tratado da Unión Europea para a entrada no euro.

A esta seguíronlle a liquidación do IRI, a privatización de Eni, da cal Goldman Sachs adquiriu todo o patrimonio inmobiliario[4], Credito Itliano e Banca Commerciale Italiana.

Carreira internacionalEditar

Entre 1985 e 1990 foi director executivo do Banco Mundial. Entre xaneiro de 2002 e xaneiro de 2006 foi vicepresidente, para Europa, con cargo operativo, de Goldman Sachs, cuarto banco de investimento do mundo. Banco que perante esa época asesorou ao goberno grego na operación de falseamento dos datos de déficit e débeda do estado helénico, permitindo a Grecia simular que cumpría os requisitos orzamentarios da zona Euro.

Gobernador do Banco de ItaliaEditar

O día 29 de decembro de 2005 foi nomeado gobernador do Banco de Italia.

Presidente do Banco Central EuropeoEditar

Draghi foi frecuentemente mencionado como sucesor potencial a Jean-Claude Trichet, cuxo prazo cando Presidente do Banco Central Europeo finalizaba en outubro do 2011.[5] En xaneiro do 2011 o semanario alemán Zeit informou que políticos de alto nivel de Alemaña e Francia consideraban "improbable" que Draghi fora elixido para suceder a Trichet.[6] Mais en febreiro do 2011 a situación volveuse máis favorable a Draghi cando o principal candidato alemán informou de que xa non estaba interesado no cargo, revivindo as posibilidades dos outros candidatos.[7] O 13 de febreiro do 2011, Wolfgang Münchau, editora asociada do Financial Times, falaba xa de Draghi como o candidato mellor posicionado.[8] Uns días máis tarde, The Economist escribía que "o vindeiro presidente do segundo banco central máis importante do mundo debería ser Mario Draghi".[9] Ademais, o 20 de abril de 2011, The Wall Street Journal informou que "Wolfgang Schäuble, o ministro de finanza de Alemaña, está disposto a que Draghi sexa o Presidente de BCE".[10] Uns días máis tarde, o diario alemán Bild apoiaba a Draghi definíndoo coma "o máis alemán dos candidatos".[11] Contrariamente a informes anteriores sobre a postura de Francia, o 25 de abril sóubose que Nicolas Sarkozy vía en Draghi un candidato adecuado para o posto.[12][13] O 17 de maio de 2011, o Consello da Unión Europea - Ecofin adoptou unha recomendación para o nomeamento de Mario Draghi como novo presidente do BCE.[14] E o 24 de xuño é confirmado oficialmente polos líderes europeos logo a aprobación por parte do Parlamento Europeo e do propio BCE.

Ao longo dos seus oito anos á fronte do BCE estiveron marcados pola resposta ante a crise provocada pola débeda soberana dalgúns Estados da zona Euro e que ameazaba á viabilidade da propia moeda única. A acción de Draghi apoiouse en tres piares: baixada das taxas de interese, a compra de débeda e as poxas de liquidez para os bancos. Fronte a tendencia alcista dos últimos tempos de Trichet, en decembro de 2011, Draghi recortou ao 1% as taxas de interese, para rematar no 0% en 2016.[15][16] Esta política foi apoiada pola inxección de diñeiro barato á banca mediante poxas (TLTRO) que tiñan coma fin reactivar o crédito e evitar a deflación. Paralelamente, deseñáronse operacións de compra da débeda soberana mediante diversos programas como os chamados APP.[17]

Durante o seu mandato, o BCE foi reforzado ao quedaren baixo a súa autoridade o Mecanismo Único de Supervisión e o Mecanismo Único de Resolución, alicerces da Unión Bancaria.[18] En 2019 rematou o seu mandato, sendo escollida presidenta Christine Lagarde.

Destacouse polas súas habilidades comunicativas, que en ocasións permitiron mandar sinais tranquilizadoras aos mercados financeiros. Un exemplo disto foi a súa insinuación de que o BCE faría o necesario para salvar o euro, o que acabou producindo alzas nos índices bursátiles europeos e baixadas nos intereses dos títulos de débeda.[19][20] Por todo isto, nos medios de comunicación empregáronse denominacións como "Super" Mario para referirse a el, ou "draghinomics" para as súas decisións.[21][22]

Aínda que as políticas de Draghi permitiron superar as tensións xeradas pola crise económica sobre a moeda única, para algúns sectores as políticas de Draghi provocaron un exceso de liquidez: a multiplicación do balance do BCE, que acada o 40% do PIB da Zona Euro, para custear as medidas non convencionais desenvolvidas, foi criticado dentro do BCE e por Estados como Alemaña, Países Baixos e os chamados "falcóns".[23][24] Para outros sentaron as bases dunha xaponización da economía europea con escasa inflación, intereses baixos e crecemento reducido.[25] Con todo, a súa acción tamén é louvada por ser responsable da "salvación" do euro.[26]

Primeiro Ministro de ItaliaEditar

En xaneiro de 2021 o goberno de Giuseppe Conte perdeu a maioría parlamentaria logo de que o grupo político de Matteo Renzi lle retirase o seu apoio. O presidente da República, Sergio Mattarella, logo da consulta cos partidos políticos, optou por encargar a Mario Draghi a formación dun goberno técnico o 13 de febreiro de 2021.[27] Inicialmente a acción o executivo centrouse na resposta á pandamia do covid-19 e administración dos fondos europeos de recuperación Next Generation. Ademais, en decembro de 2021, pronunciouse a favor da reforma das regras fiscais da Unión Europea de acordo co presidente francés, Emmanuel Macron.[28]

No contexto da elección dun novo presidente da República Italiana, en xaneiro de 2022, o nome de Mario Draghi foi sinalado como un serio candidato.[29][30] Con todo, a falta de consenso levou a reelección de Sergio Mattarella.[31]


Predecesor:
Jean-Claude Trichet
 Presidente do BCE 
2011 - 2019
Sucesor:
Christine Lagarde


NotasEditar

  1. "“Súper Mario” al rescate: quién es el nuevo primer ministro italiano que debe sacar a su país de la crisis más grave en décadas". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2022-02-05. 
  2. "Banca d'Italia". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2007. Consultado o 05 de xuño de 2011. 
  3. TCGD 2004 - Perfil
  4. Interrogazione a risposta scritta 4-33820 (6/2/2001)
  5. Super-Mario für die EZB¡¡
  6. Xornal alemán di que as oportunidades de Draghi para o BCE disminúen Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (19 de xaneiro 2011)
  7. A retirada de Weber abre a carreira polo BCE mentres a crise do euro persiste (19 de xaneiro de 2011)
  8. Draghi pode levar á Eurozona fora do perigo (13 de febreiro de 2011)
  9. O traballo italiano (17 de febreiro de 2011)
  10. Italiano gaña apoios na carreira polo Banco Central (20 de abril do 2011)
  11. So deutsch ist der neue EZB-Chef (29 de abril de 2011)
  12. Draghi Said to Be Seen by Sarkozy as Trichet’s Successor (25 de abril de 2011)
  13. Mario Draghi, bien parti pour prendre la présidence de la BCE (27 de abril de 2011)
  14. Wall Street Journal Arquivado 21 de maio de 2011 en Wayback Machine. (16 de maio de 2011)
  15. Bank, European Central (2011-12-01). "Hearing before the Plenary of the European Parliament on the occasion of the adoption of the Resolution on the ECB’s 2010 Annual Report". European Central Bank (en inglés). Consultado o 2022-02-05. 
  16. "ECB cuts interest rates to zero amid fears of fresh economic crash". the Guardian (en inglés). 2016-03-10. Consultado o 2022-02-05. 
  17. Bank, European Central (2022-01-05). "Asset purchase programmes". European Central Bank (en inglés). Consultado o 2022-02-05. 
  18. "Single Supervisory Mechanism". www.consilium.europa.eu (en inglés). Consultado o 2022-02-05. 
  19. "'Whatever it takes' – a speech and its implications for the euro area". www.kfw.de (en inglés). Consultado o 2022-02-05. 
  20. Pérez, Claudi (2012-07-26). "“El BCE hará lo necesario para sostener el euro”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-02-05. 
  21. Thornhill, John (2014-09-07). "Economists point to emerging ‘Draghinomics’". Financial Times. Consultado o 2022-02-05. 
  22. "Introducing Draghinomics". Project Syndicate (en inglés). Consultado o 2022-02-05. 
  23. "The farewell of (Super) Mario Draghi". caixabankresearch. Consultado o 5-2-2022. 
  24. "Adiós a Draghi, el hombre que solo bajó tipos y acabó con el ahorro" (en castelán). Consultado o 2022-02-05. 
  25. Plender, John (2019-03-12). "Why ‘Japanification’ looms for the sluggish eurozone". Financial Times. Consultado o 2022-02-05. 
  26. MANJÓN, PEDRO L. (2019-10-28). "BCE: Draghi, el hombre que salvó al euro". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-02-05. 
  27. "O Goberno de Mario Draghi en Italia toma posesión dos seus cargos". www.crtvg.es. Consultado o 2022-02-05. 
  28. "Macron, Draghi call for reform of EU fiscal rules". www.euractiv.com (en inglés). 2021-12-24. Consultado o 2022-02-05. 
  29. "Draghi and Berlusconi among those touted as Italy's next president". euronews (en inglés). 2022-01-04. Consultado o 2022-02-05. 
  30. COLOMBO, ETTORE MARIA (1643086507818). "Draghi presidente della Repubblica: le condizioni del premier per Quirinale e governo". Quotidiano Nazionale (en italiano). Consultado o 2022-02-05. 
  31. "Mattarella repite mandato como presidente da República de Italia". G24. Consultado o 2022-02-05. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar