Marie Anne Victoire Pigeon

matemática francesa

Marie Anne Victoire Pigeon d'Osangis, nada en París en 1724 e finada en Berlín en 1767, foi unha matemática e escritora francesa, coñecida como madame de Prémontval despois do seu matrimonio.

Marie Anne Victoire Pigeon
Nacemento1724
 París
Falecemento1767
 Berlín
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónmatemática
PaiJean Pigeon
CónxuxeAndré-Pierre Le Guay de Prémontval
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era a filla do científico Jean Pigeon e dende nova tivo predisposición para as ciencias. Comezou entón a recibir leccións do matemático Pierre Le Guay de Prémontval, que fora alumno do seu pai. En 1744 fuxiu co seu profesor a Suíza, onde casaron, e despois a Berlín.

En 1752, foi nomeada profesora da princesa Guillermina de Hesse-Kassel.

Aparece mencionada xunto co seu marido en Jacques le Fataliste, de Denis Diderot.[1] Segundo J. Assezat, ela foi a que provocou a dedicación de Mémoires sur différents sujets de mathématiques, do mesmo Diderot.[2]

ObraEditar

  • Le méchaniste (sic) philosophe ou Mémoire contenant plusieurs particularités de la vie et des ouvrages du sieur Jean Pigeon [son père], La Haye, 1750.

NotasEditar

  1. J. Assézat, Œuvres complètes de Diderot. París, Garnier, 1875. Vol. 6, p. 70.
  2. J. Assézat, Œuvres complètes de Diderot. París, Garnier, 1875. Vol. 9, p. 77.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar