Marià Fortuny

pintor español
(Redirixido desde "Mariano Fortuny")

Marià (Mariano) Fortuny i Marsal, de nome completo Marià Josep Maria Bernat Fortuny i Marsal (Reus, 11 de xuño de 1838Roma, 21 de novembro de 1874). Pintor e gravador catalán do século XIX.

Marià Fortuny
Marià Fortuny - Self-portrait - Google Art Project.jpg
Nome completoMarià Josep Bernat Fortuny i Marsal e Mariano José María Bernardo Fortuny Marsal
Nacemento11 de xuño de 1838
 Reus
Falecemento21 de novembro de 1874
 Roma
Causamalaria
SoterradoCampo di Verano
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Llotja
Ocupaciónpintor
CónxuxeCecilia de Madrazo
FillosMariano Fortuny y Madrazo e María Luisa Fortuny
Coñecido porA batalha de Tetuão, The Bullfighter's Salute, corrida de touros, o matador ferido e The Spanish Wedding
editar datos en Wikidata ]
Monumento adicado a Fortuny no barrio do mesmo nome en Reus
A batalla de Tetuán, por Marià Fortuny, 1863-73 (MNAC), mide 3×9'72 metros.

Orfo desde moi neno, o seu avó foi o seu titor e o seu mellor valedor nos seus primeiros anos e na súa mocidade temperá, favorecendo a súa formación artística co pintor reusense Domènec Soberano. Tamén traballou co prateiro e ourive miniaturista reusense Antoni Bassa, quen influirá na minuciosidade que caracterizará no futuro a súa pintura.

En 1852 trasladouse a Barcelona en compañía do seu avó. Alí entrou a traballar no taller do escultor Domènech Tallarn, quen, satisfeito cos avances do seu novo alumno, xestionoulle unha pequena pensión da Obra Pía e a matrícula gratuíta na Escola de Belas Artes da Llotja, onde recibirá por primeira vez formación oficial. Os seus mestres na Escola serán Pau Milà i Fontanals, Lluís Rigalt e Claudi Lorenzale, membros do chamado Nazarenismo Catalán.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar