Maria Theresa Asmar

escritora iraquí

Maria Theresa Asmar, nada en Tel Keppe en 1804 e finada en Francia na década de 1860, foi unha escritora caldea[1] do imperio Otomán. Foi coñecida en Europa como a Princesa Babilonia.

Maria Theresa Asmar
Maria Theresa Asmar.png
Nacemento1804
 Tel Keppe
Falecementoanos 1860
 Francia
NacionalidadeImperio Otomán
Ocupaciónhistoriadora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De orixe cristiá caldea, estableceu unha escola feminina en Bagdad. Acolleu misioneiros no colexio, mais estes subornaron o goberno otomán para quedaren coa licenza do centro e para que prohibisen a María seguir co proxecto. Abandonou o proxecto frustrada e anoxada polo modo en que fora tratada polos cristiáns, buscou refuxio cos beduínos árabes. Recolleu información sobre a súa vida diaria, especialmente das vodas e dos asaltos a outras tribos. Escribiu Memoirs of a Babylonian Princess, publicado en inglés en 1844, dous volumes nos que narra as súas viaxes por Turquía, Siria, Líbano e Palestina, así como o sistema de haréns usado en Turquía. Maria Theresa Asmar morreu en Francia antes da guerra franco-prusiana[Cómpre referencia]

NotasEditar

  1. Asmar, Maria Theresa (1845). Memoirs of a Babylonian Princess. Philadelphia: G.B. Zieber & CO. p. 14, 152. 

BibliografíaEditar

  • Memories of Maria Theresa Asmar An Iraqi Woman's Journey into Victorian London (2009), Emily Porter PhD (editor). Fadaat House for Publishing, Distributing and Printing, Amman, Jordan.