Abrir o menú principal

Maria Elisabetha Lämmerhirt

Maria Elisabeth Lämmerhirt, nada o 24 de febreiro de 1644 en Erfurt (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) e finada o 1 de maio de 1694 en Eisenach, foi a nai de Johann Sebastian Bach.

Maria Elisabetha Lämmerhirt
Nacemento24 de febreiro de 1644
 Erfurt
Falecemento1 de maio de 1694
 Eisenach
NacionalidadeAlemaña
CónxuxeJohann Ambrosius Bach
FillosJohann Jacob Bach, Johann Christoph Bach e Johann Sebastian Bach
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era filla de Valentin Lämmerhirt (ou Lemmerhirt), un peleteiro e cocheiro de Erfurt. O 8 de abril de 1668 casou co seu amigo da infacia Johann Ambrosius Bach. A parella deixou Erfurt en 1671 e estableceuse en Eisenach, onde en 1685 naceu o seu oitavo fillo, Johann Sebastian Bach. Este non foi o primeiro enlace dun membro da súa familia con outro da familia Bach, xa que a súa medio irmá Hedwig Lämmerhirt foi a segunda esposa do tío avó do seu esposo, Ambrosius, Johannes Bach (1604-1673), músico municipal e organista en Erfurt.

A súa media irmá Martha Dorothea foi a avoa do compositor e lexicógrafo Johann Gottfried Walther, que se converteu en amigo de Johann Sebastian.[1]

NotasEditar

  1. Emery, Walther, and Wolff, Christoph. "Bach. III. 7. Johann Sebastian Bach. 1. Childhood". In Macy, Laura. Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press (require subscrición)