Familia Bach
A familia Bach foi unha célebre familia de músicos de grande importancia na historia da música durante case douscentos anos, con máis de 50 músicos coñecidos e varios compositores destacados, sendo o máis importante e coñecido Johann Sebastian Bach (1685–1750).[1] A dinastía musical comezou co tataravó de Johann Sebastian, Veit Bach (nacido antes de 1545 e morto en torno a 1576), e extinguiuse co seu neto Wilhelm Friedrich Ernst Bach (1759-1845). Foi o propio Johann Sebastian Bach que comezou unha xenealoxía da súa familia en 1735, que sería rematada polo seu fillo Carl Philipp Emanuel, e que foi titulada Ursprung der musicalisch-Bachischen Familie (en galego Orixe da familia musical Bach).
A familia Bach nunca abandonou a rexión alemá de Turinxia ata que os fillos de Johann Sebastian saíron a un mundo máis moderno. A través da miseria dos campesiños durante a etapa da Guerra dos Trinta Anos esta familia mantivo a súa posición e produciu músicos que, a pesar da súa fama local, se encontran entre os máis grandes de Europa. Tan numerosos e eminentes eran, que os músicos de Erfurt eran coñecidos como os "Bachs", mesmo cando xa non había membros da familia na cidade. Johann Sebastian Bach herdou a tradición artística dunha familia unida cuxas circunstancias os privaran das distraccións do século da fermentación musical que no resto de Europa destruíra a música polifónica music.[1]
Devanceiros de Johann Sebastian Bach
editarCatro pólas da familia Bach eran coñecidas a principios do século XVI, e está documentado que un Hans Bach vivía en Wechmar en 1561, unha vila entre Gotha e Arnstadt, en Turinxia, quen puido ser o pai de Veit Bach.[1]
- Veit (Vitus) Bach (ca. 1550 – 1619, Wechmar) foi, de acordo coa xenealoxía de Johann Sebastian, "un panadeiro en Hungría" que tivera que fuxir de Hungría porque era luterano, establecéndose en Wechmar. El "encontrou o maior placer nun pequeno cistro que levou con el mesmo no muíño".
- Seu fillo Johannes Bach (c. 1580 – 1626) "der Spielmann" (lit. "o intérprete"), foi o primeiro músico profesional da familia. "Ao principio tomou o oficio de panadeiro, mais tendo unha inclinación especial para a música" converteuse en frautista.
- O seu segundo neto Christoph (1613–1661) foi un instrumentista.
- O seu primeiro bisneto Johann Ambrosius foi un violinista, e o pai de Johann Sebastian Bach.
Outros nados antes de 1685
editarO tío de Johann Ambrosius, Heinrich de Arnstadt, tivo dous fillos: Johann Michael e Johann Christoph, que están entre os mellores dos precursores de J. S. Bach. Johann Christoph foi considerado durante algún tempo o autor do motete Ich lasse dich nicht (Non te deixarei), agora confirmado como obra de Johann Sebastian (sendo o seu BWV 159a). Outro descendente de Veit Bach, Johann Ludwig, foi admirado máis que ningún outro antecesor de Johann Sebastian, quen copiou doce das súas cantatas de igrexa e ás cales ás veces engadiu traballo propio.[1]
Descendentes de Johann Sebastian Bach
editar- Dos sete fillos que tivo Johann Sebastian Bach coa súa primeira muller só tres o sobreviviron. Dous deles fixeron carreira musical propia: Wilhelm Friedemann e o citado Carl Philipp Emanuel Bach.
- Despois de que morrera a súa primeira muller, Johann Sebastian casou con Anna Magdalena Wilcken, que era unha soprano de talento e filla do trompetista da corte do Príncipe de Sachsen-Weißenfels. Con ela tivo 13 fillos, dos cales Gottfried Heinrich, Johann Christoph Friedrich e Johann Christian convertéronse en músicos destacados. Tres máis sobreviviron e chegaron a idade adulta: Elisabeth Juliane Friederica (1726–1781) que casou co alumno de Bach Johann Christoph Altnikol, Johanna Carolina (1737–1781) e Regina Susanna (1742–1809).[2]
A súa música
editarA familia Bach desempeñou a súa actividade principalmente durante o período musical coñecido como barroco. Practicamente todos os membros da familia foron músicos luteranos. A maioría dos músicos exerceron traballos relacionados coa Igrexa: uns como organistas, outros como Cantores ou directores dos coros da Igrexa e tamén como compositores de música destinada aos servizos (cantatas relixiosas, corais e preludios corais, música instrumental para acompañar os intermedios ou as reflexións). Outros músicos fixeron incursións na música orquestral ou nas capelas das cortes dos nobres, non conxuntos municipais, ou adicáronse ao ensino.
Esa relixiosidade, amais dun profundo arraigo na tradición antiga –sobre todo a polifonía renacentista–, imbuíu á música dos seus membros dunha sobriedade de expresión moi singular e uso da tradicional polifonía, que se converteu en selo distintivo de boa parte da música do centro de Alemaña, en contraste coa dos virtuosos e fantasiosos organistas do norte de Alemaña e da marcada influencia italiana (cos novos xéneros da ópera, a sonata, o concerto) e a música popular no sur. Johann Sebastian non compuxo óperas, mais bebeu de diversas fontes internacionais, a música instrumental italiana, e a música para teclado francesa, entre moitas outras.
Cara ao final da dinastía, os fillos de Johann Sebastian viviron o cambio de estilo que se experimentou nas súas épocas. Preferían as texturas máis lixeiras (o monódico e homofónico ao polifónico) e se abandonaron certas formas tradicionais a prol doutras novas: eran os albores do clasicismo. Xustamente dous dos fillos de Johann Sebastian, Carl Philipp Emanuel Bach e Johann Christian Bach (quen compuxo óperas en Inglaterra ao estilo italiano), xogaron un papel moi importante no desenvolvemento do que se coñece como o "estilo clásico", influíndo profundamente nos novos músicos como Haydn e Mozart. Por esa razón, os fillos de Johann Sebastian vían a música do seu pai como algo anticuada.
Árbore xenealóxica
editarVeit Bach (f. 1619) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Johannes Hans Bach (1580–1626) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Heinrich Bach (1615–1692) | Christoph Bach (1613–1661) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Johann Christoph Bach (1642–1703) | Johann Michael Bach (1648–1694) | Johann Ambrosius Bach (1645–1695) | Maria Elisabetha Lämmerhirt (1644–1694) | Johann Christoph Bach (1645–1693) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Johann Nicolaus Bach (1669–1753) | Maria Barbara Bach (1684–1720) | Johann Sebastian Bach (1685–1750) | Anna Magdalena Wilcke (1701–1760) | Johann Jacob Bach (1682–1722) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Wilhelm Friedemann Bach (1710–1784) | Carl Philipp Emanuel Bach (1714–1788) | Gottfried Heinrich Bach (1724–1763) | Johann Christoph Friedrich Bach (1732–1795) | Lucia Elisabeth Munchhusen (1728–1803) | Johann Christian Bach (1735–1782) | Elisabeth Juliane Friederica (1726–1781) | Johann Christoph Altnikol (1720–1759) | Johanna Carolina (1737–1781) | Regina Susanna (1742–1809) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Wilhelm Ernst Colson | Anna Philippiana Friederica Bach (1755–1804) | Wilhelm Friedrich Ernst Bach (1759–1845) | Charlotte Philippina Elerdt (1780–1801) | Christina Luise Bach (f. 1852) | Johann Sebastian Altnickol (1749–1749) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ludwig Albrecht Hermann Ritter | Carolina Augusta Wilhelmine Bach (1800–1871) | Juliane Friederica (n. 1800) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xenealoxía expandida
editar- Veit Bach (about 1550–1619)
- Johann(es) "Hans" Bach I (d. 1626) (fillo de Veit Bach)
- Johann(es) "Hans" Bach III (1604–1673) – tamén chamada Liña Erfurt
- Johann Christian Bach I (1640–1682)
- Johann Jacob Bach II (1668–1692)
- Johann Christoph Bach IV (1673–1727)
- Johann Samuel Bach (1694–1720)
- Johann Christian Bach II (1696–)
- Johann Günther Bach II (1703–1756)
- Johann Aegidius Bach I (1645–1716)
- Johann Balthasar Bach (1673–1691)
- Johann Bernhard Bach I (1676–1749)
- Johann Ernst Bach II (1722–1777)
- Johann Georg Bach I (1751–1797)
- Johann Ernst Bach II (1722–1777)
- Johann Christoph Bach VI (1685–1740)
- Johann Friedrich Bach II (1706–1743)
- Johann Aegidius Bach II (1709–1746)
- Johann Nicolaus Bach I (1653–1682)
- Johann Christian Bach I (1640–1682)
- Christoph Bach (1613–1661)
- Georg Christoph Bach (1642–1697)
- Johann Valentin Bach (1669–1720)
- Johann Lorenz Bach (1695–1773)
- Johann Elias Bach (1705–1755)
- Johann Michael Bach III (1745–1820) – o teórico musical
- Johann Georg Bach II (1786–1874)
- Georg Friedrich Bach (1792–1860)
- Johann Michael Bach III (1745–1820) – o teórico musical
- Johann Valentin Bach (1669–1720)
- Johann Christoph Bach II (1645–1693)
- Johann Ernst Bach I (1683–1739)
- Johann Christoph Bach VII (1689–1740)
- Johann Ambrosius Bach (1645–1695)
- Johann Christoph Bach III (1671–1721)
- Johann Andreas Bach (1713–1779)
- Johann Christoph Georg Bach (1747–1814)
- Johann Bernhard Bach II (1700–1743)
- Johann Christoph Bach VIII (1702–1756)
- Ernst Carl Gottfried Bach (1738–1801)
- Ernst Christian Bach (1747–1822)
- Philipp Christiann Georg Bach (1734–1809)
- Johann Andreas Bach (1713–1779)
- Johann Jacob Bach III (1682–1722)
- Johann Sebastian Bach (1685–1750) – casado no seu matrimonio coa súa príma segunda Maria Barbara Bach (1684–1720); no seu segundo matrimonio en 1721 casou con Anna Magdalena Wilcke (1701–1760)
- Catharina Dorothea Bach (1708–1774)
- Wilhelm Friedemann Bach (1710–1784) – o tamén chamado "Bach de Dresde" ou "Bach de Halle"
- Carl Philipp Emanuel Bach (1714–1788) – o tamén chamado "Bach de Hamburgo" ou "Bach de Berlín"
- Johann Sebastian Bach (1748–1778) – pintor
- Johann Gottfried Bernhard Bach (1715–1739)
- Gottfried Heinrich Bach (1724–1763)
- Johann Christoph Friedrich Bach (1732–1795) – o tamén chamado "Bach de Bückeburg"
- Wilhelm Friedrich Ernst Bach (1759–1845)
- Johann Christian Bach III (1735–1782) – o tamén chamado "Bach de Milán" ou "Bach de Londres"
- Johann Christoph Bach III (1671–1721)
- Georg Christoph Bach (1642–1697)
- Heinrich Bach I (1615–1692) – a tamén chamada Liña de Arnstädt
- Johann Christoph Bach I (1642–1703)
- Johann Nikolaus Bach II (1669–1753)
- Johann Christoph Bach V (1676–)
- Johann Heinrich Bach II (1709–)
- Johann Friedrich Bach I (1682–1730)
- Johann Michael Bach II (1685–)
- Johann Michael Bach I (1648–1694)
- Maria Barbara Bach (1684–1720) – casada con Johann Sebastian Bach (1685–1750)
- Johann Günther Bach I (1653–1683)
- Johann Christoph Bach I (1642–1703)
- Johann(es) "Hans" Bach III (1604–1673) – tamén chamada Liña Erfurt
- Philippus "Lips" Bach (1590–1620) – fillo de Veit Bach
- Wendel Bach (1619–1682)
- Johann Jacob Bach I (1655–1718)
- Nicolaus Ephraim Bach (1690–1760)
- Georg Michael Bach (1703–1771)
- Johann Christian Bach IV (1743–1814)
- Johann Ludwig Bach (1677–1731) – o tamén chamado "Bach de Meininger", compositor
- Gottlieb Friedrich Bach (1714–1785) – organista da corte, pintor da corte de Meinigen
- Johann Philipp Bach (1752–1846) – músico, pintor
- Samuel Anton Bach (1713–1781)
- Gottlieb Friedrich Bach (1714–1785) – organista da corte, pintor da corte de Meinigen
- Johann Jacob Bach I (1655–1718)
- Johann Bach IV (1621–1686) – sobriño de Lips Bach
- Johann Stephan Bach (1665–1717)
- Wendel Bach (1619–1682)
- Johann(es) "Hans" Bach I (d. 1626) (fillo de Veit Bach)
- Caspar Bach I (1570–1640) (irmán de Veit Bach?)
- Caspar Bach II (1600–)
- Heinrich "Blinder Jonas" Bach (–1635)
- Johann(es) Bach II (1612–1632)
- Melchior Bach (1603–1634)
- Nicolaus Bach (1619–1637)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Bach, Johann Sebastian". Encyclopædia Britannica 3 (11ª ed.). Cambridge University Press. pp. 124–130
- ↑ New Grove Bach Family, p. 98, p. 111
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Familia Bach |
Bibliografía
editar- Diccionario Enciclopédico de la Música Música Maestro, Editorial Rombo, 1996, ISBN 8482579323.
- Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8.
- Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957.
Ligazóns externas
editar- Mapa da Familia Bach (en inglés)
- Familia Bach (en inglés)
- Artigo sobre a Familia Bach (en inglés)