Margot Wallström

política sueca

Margot Elisabeth Wallström,[1] nada en Kage, Suecia o 28 de setembro de 1954, é unha política sueca membro do Partido Socialdemócrata Sueco especialmente coñecida polo desenvolvemento de políticas feministas e en defensa dos dereitos humanos. Foi ministra de Asuntos Exteriores de Suecia desde 2014 a setembro de 2019 liderando o que denominou "unha política exterior feminista". Foi vicepresidenta da Comisión Europea e comisaria de Relacións institucionais e Estratexia de Comunicación entre 2004 e 2009.

Margot Wallström
Margot Wallström Senate of Poland 01 (cropped).JPG
Nacemento28 de setembro de 1954
 Kåge
NacionalidadeSuecia
Ocupaciónpolítica
Premioshonorary doctor of Chalmers University of Technology, Premio Monismanien, Årets väckarklocka, Ordem do Serafim, comendador da Lexión de Honor, International Swede of the Year e sen etiquetar
Margot Wallström signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Margot Wallström é doutora honoris causa polas universidades de Chalmers e Mälardalen, en Suecia, e Lowell, en Massachusetts, Estados Unidos. En 2002 recibiu o título de comisaria do Ano do semanario European Voice.

Está casada e ten dous fillos.

Traxectoria políticaEditar

A nivel nacionalEditar

O seu primeiro contacto coa política iníciase tras finalizar o bacharelato, na liga das Mocidades Socialdemócratas Suecas. En 1979 ingresa no Parlamento de Suecia, posto que ocupará durante seis anos. Entre 1988 e 1991, Wallström foi ministra de Protección dos Consumidores, Mulleres e Mocidade; e posteriormente ministra de Cultura (1994-1996) e ministra de Asuntos Sociais (1996-1998). Sempre nun goberno socialdemócrata.

En 1998 traballou como vicepresidenta executiva de Worldview Global Media, unha organización relacionada cos medios de comunicación.

Comisaria europeaEditar

Wallström asumiu o posto de comisaria europea de Medio Ambiente na Comisión de 1999, no executivo de Romano Prodi. En 2004, coa chegada de José Manuel Barroso, foi nomeada vicepresidenta da Comisión e comisaria de Relacións Institucionais e Estratexia da Comunicación.

En 2004 publicou, en colaboración co deputado do Parlamento Europeo, Göran Färm, A Europa dos pobos ou Por que é tan difícil amar á UE?.

Nacións UnidasEditar

En 2010 asumiu o posto de Representante Especial das Nacións Unidas en materia de violencia sexual nos conflitos, foi a primeira en desenvolver esta representación. Foi substituída en setembro de 2012 por Zainab Hawa Bangura de Serra Leoa.[2]

Ministra de Asuntos Exteriores de SueciaEditar

En 2014 asumiu o posto de ministra de Asuntos Exteriores de Suecia sinalando que encabezaría unha política exterior feminista centrándose nos dereitos e a representación das mulleres e proporcionando recursos para promover a igualdade de xénero e a igualdade de oportunidades.[3]

En 2015, Arabia Saudita retirou ao seu embaixador de Estocolmo despois de que Suecia cancelou un acordo de cooperación de defensa por cuestións de dereitos humanos. Wallstrom sinalou que era "medieval" o castigo dun blogueiro liberal pola flaxelación. A principios do mesmo ano, Wallstrom tivo que cancelar unha visita a Israel despois do recoñecemento do goberno dun estado palestino. Israel tamén retirou ao seu embaixador en Estocolmo.

Durante o mandato de Wallstrom como ministra de Asuntos Exteriores, Suecia asumiu un papel cada vez máis activo nas iniciativas internacionais de paz, organizando conversacións de cesamento do fogo sobre Iemen ou sendo anfitrións dunha reunión entre representantes de Corea do Norte e Estados Unidos.

Entre 2017 e 2018 tivo un papel estratéxico no alto perfil para Suecia no Consello de Seguridade da ONU, co país como membro non permanente.

En 2019 dimitiu do seu posto sinalando que quería pasar máis tempo coa súa familia.[3] En setembro de 2019 foi sucedida por Ann Linde.

DocumentalEditar

En 2019 estreouse o documental The Feminister dirixido por Viktor Nordenskiöld que acompaña a Margot Wallström durante catro anos nas xestións como Ministra de Asuntos Exteriores de Suecia e mostra o seu liderado na aplicación de políticas feministas.[4][5]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar