Abrir o menú principal

Catherine Ashton

política británica

Catherine Margaret Ashton, baronesa Ashton de Upholland, nada o 20 de marzo de 1956, é unha economista e política laborista británica, Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e vicepresidenta da Comisión Europea.

Catherine Ashton
Baroness Ashton headshot.jpg
Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea
Período1 de decembro de 2009 - actualidade
Datos persoais
Nacemento20 de marzo de 1956
OrganizaciónPartido Laborista
CónxuxePeter Kellner
Alma máterBedford College e Universidade de Londres
ProfesiónEconomista, política
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Catherine Margaret Ashton estudou a carreira na Universidade de Londres. Ten dous fillos e tres fillastros.

Traxectoría políticaEditar

Ashton foi designada Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea o 19 de novembro de 2009 segundo o estipulado no Tratado de Lisboa.

Con anterioridade a esa data desempeñou o cargo de Comisaria Europea de Comercio e previamente traballara como Presidenta da Cámara dos Lores e como Lord President do Consello no primeiro gabinete de Gordon Brown en xuño do 2007. Tamén dirixiu o proceso do Tratado de Lisboa ata a súa ratificación pola Cámara dos Lores.

Entre 1977 e 1979 Ashton traballou na Campaña para o Desarmamento Nuclear e máis tarde foi elixida como a súa tesoureira nacional. Dende 1983 ata 1989 foi directora do Business in the Community traballando en temas de desigualdade.


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.