Abrir o menú principal

Margarita Stolbizer

política arxentina

Margarita Stolbizer[1], nada en Morón, Buenos Aires o 17 de marzo de 1955, é unha política e avogada arxentina, que foi candidata presidencial nas eleccións de 2015.

Margarita Stolbizer
Margarita Stolbizer.png
Margarita Stolbizer en 2012
Nacementomarzo de 1955
 Morón
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidade de Morón
Ocupaciónpolítica e avogada
FillosNicolás Laprovíttola
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou dereito na Universidade de Morón. Foi secretaria xeral do Colexio de Avogados da súa localidade natal e membro da Xunta de Goberno da Federación Arxentina de Colexios de Avogados (FACA). Comezou a súa militancia política nas mocidades da Unión Cívica Radical e foi directora de acción social do concello de Morón desde 1983 ata 1985, ano no que entrou no consistorio como concelleira, nas listas da UCR. En 1997 presentouse a deputada nacional resultando elixida, nesa época frmaba parte da Corrente de Opinión Nacional, unha corrente interna da UCR liderada por Federico Storani.

Nas eleccións de 2003 foi candidata a gobernadora da provincia de Buenos Aires pola UCR, logrando o cuarto lugar co 8,97 % dos votos (530 538 votos).[2]

En 2007 integrou un grupo de dirixentes radicais que pretendían que a UCR apoiase a candidatura presidencial de Elisa Carrió, ex-afiliada radical, nas eleccións dese ano. Esa postura quedou en minoría, a UCR apoiou a candidatura de Roberto Lavagna, como consecuencia o sector liderado por Stolbizer separouse do partido, entrando na Coalición Cívica, que a designou como a candidata a gobernadora da provincia de Buenos Aires. Asemade, o grupo organizouse como un partido político novo, baixo a denominación de Xeración para un Encontro Nacional (XENE). Nas eleccións obtivo o segundo lugar con un millón cen mil votos (16.6 %), tras de Daniel Scioli, da Fronte para a Vitoria (48,1 %).

Volveu presentar candidatura a gobernadora da Provincia de Buenos Aires nas eleccións de 2011 pola Fronte Ampla Progresista, situándose en terceiro lugar cun 11,68 % dos votos, por baixo de Francisco De Narváez (15,87 %) e de Daniel Scioli (55,06 %). Nas eleccións lexislativas de 2013 formou parte da Fronte Progresista, Cívica e Social, encabezando a lista de deputados nacionais. Nas primarias de 2013 obtivo o terceiro lugar cun 11,10 % dos votos, por tras de Martín Insaurralde (29,60 %) e Sergio Massa (35,10 %).

O 9 de maio de 2014 asumiu a presidencia do seu partido por dous anos, presentando a súa candidatura á presidencia arxentina pola Fronte Progresistas.

NotasEditar