Daniel Scioli

político arxentino

Daniel Osvaldo Scioli, nado en Buenos Aires, o 13 de xaneiro de 1957, é un político, deportista e empresario arxentino, gobernador da provincia de Buenos Aires desde 2007 e candidato á presidencia da Arxentina nas eleccións de 2015.

Daniel Scioli
Nome completoDaniel Osvaldo Scioli
Nacemento13 de xaneiro de 1957
Lugar de nacementoVilla Crespo
NacionalidadeArxentina
EtniaImigração italiana na Argentina
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Argentina da Empresa
Ocupaciónpolítico, empresario e deportista
CónxuxeKarina Rabolini
Na rede
Twitter: danielscioli Telegram: ScioliTelegram Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Daniel Scioli nun acto ofiical en 2008

Traxectoria editar

Durante as décadas de 1980 e 1990, Scioli foi un recoñecido deportista náutico, oito veces campión mundial de motonáutica. Logo de retirarse entrou en política, como membro do Partido Xusticialista polo que foi deputado nacional (1997-2002), e tamén secretario de deportes e mais de turismo (2002-2003).

Foi vicepresidente da República Arxentina durante a presidencia de Néstor Kirchner (2003-2007) e desde o 10 de decembro de 2007 é gobernador da provincia de Buenos Aires, Reelixido en 2011, foi tamén o presidente do Partido Xusticialista entre 2010 e maio de 2014. Candidato a presidente da Arxentina pola Fronte para a Vitoria para as eleccións do ano 2015, acompañado por Carlos Zannini como candidato a vicepresidente.[1] Nas eleccións primarias dese ano logrou o primeiro lugar entre todos os candidatos, impoñendose cun 38,41 % dos votos válidos, triunfando en 20 dos 24 distritos electorais.[2]

Notas editar

  1. "Scioli se quedó con el primer test electoral". Diario Páxina 12. 10 de agosto de 2015. 
  2. "El día después de las PASO: ¿quién ganó provincia por provincia?". Minutouno.com. 10 de agosto de 2015.