Abrir o menú principal

Sergio Tomás Massa, nado en San Martín, Buenos Aires, o 28 de abril de 1972, é un político arxentino, fundador da Fronte Renovadora.

Sergio Massa
Sergio Massa.jpg
Nome completoSergio Tomás Massa
Nacemento28 de abril de 1972
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidade de Belgrano
Ocupaciónpolítico e avogado
CónxuxeMalena Galmarini
editar datos en Wikidata ]
Sergio Massa en 2012

TraxectoriaEditar

Estudou dereito na Universidade de Belgrano entre 1990 e 1994 pero non chegou a rematar a carreira[1]. Comezou a militar nos seus anos de instituto na liberal conservadora Unión do Centro Democrático chegando a ser presidente provincial. En 1996 entrou no Partido Xusticialista, foi deputado na Cámara de Deputados da Provincia de Buenos Aires (1999-2002), director da Administración Nacional da Seguridade Social (2002-2007), alcalde de Tigre (2007-2008 e 2009-2013), xefe de gabinete de ministros da Arxentina (2008-2009). Xa desligado do kirchnerismo, encabezou en 2013 a lista pola provincia de Buenos Aires da recentemente constituída Fronte Renovadora,[2][3] logrando escano na Cámara de Deputados da Nación Arxentina. Foi tamén dirixente do Club Atlético Tigre, situado na cidade bonaerense de Vitoria.[4] Candidato á presidencia da Arxentina de 2015, nas primarias previas quedou terceiro tras de Daniel Scioli e Mauricio Macri.[5]

NotasEditar