Margarita Perveņecka

dramaturga e escritora letoa


Margarita Perveņecka, nada o 16 de xaneiro do 1976 en Riga, é unha dramaturga e escritora letoa. As súas obras son representadas en numerosos teatros de Letonia.

Infotaula de personaMargarita Perveņecka
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeLetonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturga , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua letoa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Margarita Perveņecka naceu en Riga o 16 de xaneiro do 1976. No 2001, graduouse en Cinema e Teatro pola Academia da Cultura de Letonia. Dende entón, publicou obras de diversos xéneros.[1]

Estilo editar

As súas obras destacan pola súa infrecuente concepción do mundo e a súa expresión poética, así como polo emprego de estranxeirismos, termos científicos e neoloxismos, co que consegue representar unha sociedade alienada.[1]

Premios editar

Foi galardoada co Literatūras gada balva ("Premio anual de literatura") pola súa novela Gaetano Krematoss (2011).[1]

Publicacións editar

Teatro editar

  • Civilķēde jeb Jautrais karuselis (2002).
  • Neaizmirstulīšu desas papīrs (2002).
  • Drakula (2003).
  • Ludviga prodžekts (2004).
  • Man patika dedzināt (2012).

Guións editar

  • Rehabilitācija (2000).
  • Atved mani mājās (2003).

Prosa editar

  • Visi koki aizgājuši (2006).
  • Gaetāno Krematoss: atmiņas par gaismu (2011).
  • Aspirantūra (2023).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Latvian Literature". www.latvianliterature.lv (en inglés). Consultado o 2024-04-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar