Margaret Keane

artista estadounidense

Margaret D. H. Keane, nada como Peggy Doris Hawkins en Nashville (Tennessee) o 15 de setembro de 1927[1] e finada en Napa (California) o 26 de xuño de 2022,[2] foi unha artista estadounidense recoñecida polos grandes ollos das súas personaxes.[3] En diferentes etapas asinou as súas obras como Peggy Doris Hawkins, Peggy Ulbrich, MDH Keane e Margaret McGuire. Foi unha retratista que pintaba principalmente ao óleo mulleres, nenos e animais domésticos.[4] Estudou a Biblia coas testemuñas de Xehová, o cal influíu na súa conduta.

Infotaula de personaMargaret Keane
Biografía
Nacemento(en) Peggy Doris Hawkins Editar o valor em Wikidata
15 de setembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Nashville, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 2022 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Napa, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesKeane, Margaret D. H. Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónTraphagen School of Fashion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , artista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWalter Keane (1955–1965)

Páxina webkeane-eyes.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm6984794 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Keane naceu en 1927 co nome de Margaret (Peggy) Doris Hawkins en Nashville. De pequena era coñecida na igrexa local polos seus bosquexos de anxos con grandes ollos. Dende sempre atribuíu á relación coa súa avoa o seu fondo respecto pola Biblia e a inspiración da súa arte.[4]

Tralo seu primeiro matrimonio deu a luz en 1950 a súa filla Jane. En 1955 casou con Walter Keane e continuou a perfeccionar a súa técnica. En 1959 pintou o seu primeiro cadro profesional.[5] Walter Keane pechou o seu negocio inmobiliario e dedicouse a vender os debuxos e gravados de forma masiva en grandes almacéns, librerías e revistas. Estes cadros, asinados "Keane", fixeron que o público interpretase que o creador era Walter e non Margaret, aínda que ela non o soubo ata tempo despois. Margaret, baixo o nome do seu marido, chegou a ser unha das artistas máis populares na década de 1960.[4] A parella apareceu na revista Life e realizou retratos de Zsa Zsa Gabor, Kim Novak, Adlai Stevenson, Natalie Wood, Robert Wagner, Joan Crawford e Liberace. Enviou retratos de John Jr. e Caroline Kennedy á Casa Branca, así como á familia de Jerry Lewis vestidos de arlequíns.[6] Durante ese tempo Walter Keane proclamábase o autor dos cadros, mentres que a verdadeira autora, Margaret, se mantiña encerrada pintando durante longos períodos, algo que ía influíndo nas súas obras. A timidez patolóxica de Margaret fixo que durante doce anos o público crese que os cadros os pintaba o seu marido.[7] Tras un tempo observando como Walter levaba o mérito, Margaret decidiu perfeccionar o seu estilo ata chegar a un resultado novo, diferenciando así a obra asinada como "Keane" desta nova, asinada como "MDH Keane".

En 1965 Margaret divorciouse de Walter e ambos reclamaron os dereitos sobre os cadros.[7] Ela declaraba que era a verdadeira artista, mais Walter non recoñecía nada. En 1970 Margaret retou a Walter a pintar fronte ao público na San Francisco’s Union Square mais el non se presentou.

En 1986 demandou a Walter Keane e o xornal USA Today por un artigo en que afirmaban que as obras pictóricas eran creación exclusiva de Walter Keane. Xa no xuízo, o xurado pediu aos dous que pintasen un cadro co seu estilo característico. Margaret Keane pintou un cadro en 53 minutos. Walter Keane non pintou nada aludindo a unha suposta dor de ombreiro. O xurado fallou a favor de Margaret e permitiulle asinar as súas obras como Keane. Tamén condenou a Walter Keane a unha retribución de catro millóns de dólares por danos emocionais e menoscabo á súa reputación.[4][7]

Estilo editar

As pinturas de Keane son recoñecibles polos seus grandes ollos coma os dun cervo nas súas personaxes.[8] Keane di que sempre se interesou polos ollos e adoitaba debuxalos nos seus libros da escola. Comezou a representar os "ollos Kean" cando empezou a pintar nenos:

Os nenos teñen ollos grandes. Cando fago un retrato, os ollos son a parte máis expresiva da cara. E simplemente se fixeron máis grandes, máis grandes e máis grandes.[9]

Keane considera a obra de Amedeo Modigliani como unha grande influencia na forma en que pintou as mulleres dende 1959. Outros artistas influírona no emprego da cor, a dimensión e a composición, como Van Gogh, Klimt e Picasso.[10] A pesar das súas reivindicacións das belas artes nunca tivo éxito de crítica; en lugar diso permaneceu "coñecida polas súas pinturas adorables de orfos con ollos de cervato que se converteron no furor da cultura media nas décadas de 1950 e 1960, e en coleccionables kitsch de estilo altamente irónico nas décadas posterioresher".[11]

Vida persoal editar

O primeiro marido de Keane foi Frank Richard Ulbrich, co que tivo unha filla. En 1955 casou con Walter Keane. En 1964, deixou a Walter e divorciouse del un ano despois, mudándose de San Francisco a Hawaii.

En Hawaii, Keane coñeceu o xornalista deportivo Dan McGuire, co que casou en 1970.[12] Ela considera que McGuire foi quen a axudou a ser menos tímida e medorenta tralo seu divorcio de Walter.[13][14] Keane viviu en Hawaii durante máis de vinte e cinco anos antes de volver a California en 1991.

Na cultura popular editar

Dúas das súas pinturas aparecen no filme de 1962 What Ever Happened to Baby Jane?.[5] Tamén aparece un cadro no filme My Girl (1991), no cuarto de Vada.

Na comedia futurista Sleeper de Woody Allen a xente do futuro considera as pinturas de Keane como a máxima expresión da arte, xunto cos poemas de Rod McKuen e a música de Xavier Cugat, a modo de burla á cultura popular dos setenta.[4] Porén, a xente do futuro do filme atribúe as pinturas a Walter e non a Margaret.

En 2014 estreouse o filme Big Eyes, baseado na vida de Margaret Keane, dirixida por Tim Burton a partir dun guión de Scott Alexander e Larry Karaszewski, os mesmos guionistas do filme Ed Wood.[15] O proxecto comezou en 2009.[7] O director recoñeceu a súa paixón pola obra de Keane e a grande influencia que exerceu nas súas obras ao longo da súa vida, algo que se pode apreciar nos rostros das personaxes de The Nightmare Before Christmas e A noiva cadáver. Margaret foi interpretada por Amy Adams e Walter por Christoph Waltz.[16]

Rex Ray inspirouse no traballo de Keane para crear a portada do disco Reality de David Bowie.[17]

A autobiografía de Joan Crawford, My Way of Life, editada en 1972, incluíu na portada unha fotografía da actriz a carón do retrato realizado por Margaret Keane.[5]

Margaret Keane deseñou unha etiqueta para o viño de Allora Vinyard.[5]

Notas editar

  1. "Margaret Keane Biography". Biography.com. Consultado o 20 de setembro de 2015. 
  2. McFadden, Robert D. (28 de xuño de 2022). "Margaret Keane, Painter of Sad-Eyed Waifs, Dies at 94". The New York Times. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  3. Spindler, Amy M. (23 de maio de 1999). New York Times, ed. "An Eye for an Eye" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Spindler, Amy M. (23 de maio de 1999). New York Times, ed. "An Eye for an Eye" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 squidoo (ed.). "Margaret Keane: Mother of Big-Eye Art" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  6. Spindler, Amy M. (23 de maio de 1999). New York Times, ed. "Resources, references and the back story behind the story" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Fuller, Graham (23 de xaneiro de 2012). blouniartinfo.com, ed. "Tim Burton's “Big Eyes” to Star Reese Witherspoon as Cheated Artist Margaret Keane" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  8. "Tim Burton 'Big Eyes' Movie Tells The Story Of Art Couple Margaret and Walter Keane...". Huffington Post. 4 de abril de 2013. Consultado o 09-06-2013. 
  9. Orixinal en inglés: "Children do have big eyes. When I'm doing a portrait, the eyes are the most expressive part of the face. And they just got bigger and bigger and bigger"
  10. Hornaday, Ann (26 de decembro de 2014). "The Mysterious Margaret Keane". The Washington Post. p. EZ 26. Consultado o 19 de abril de 2017 – vía ProQuest. 
  11. "Big Eyes and All: The Unofficial Biography of Margaret Keane," page 27
  12. "The lady behind those Keane-eyed kids". Life Magazine. 20 de novembro de 1970. Vol. 69, No. 21 - p. 56. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  13. "MARGARET KEANE - 1972 - ShirleyTemple & Mike Douglas - BIG EYES". YouTube. 
  14. IMDb (ed.). "Big Eyes" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  15. Goldberg, Matt (12 de xullo de 2013). collider.com, ed. "First Look at Tim Burton’s BIG EYES Starring Christoph Waltz and Amy Adams" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  16. goldminemag.com, ed. (17 de marzo de 2009). "Album Art: 'Reality' check for David Bowie cover artist" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar