Marcos Maceira

profesor e historiador galego

Marcos Maceira Eiras, nado en Santiago de Compostela en 1978, é un historiador, activista lingüístico e exdirixente estudantil galego, que exerce como profesor de xeografía e historia.

Modelo:BiografíaMarcos Maceira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Santiago de Compostela
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
2014 –
← Carlos Callón Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
OcupaciónProfesor

Facebook: marcos.maceiraeiras Twitter: maceiragz Instagram: maceiraeiras Dialnet: 3777223 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e xestor cultural. Foi representante dos Comités Abertos de Estudantes no Consello Escolar de Galiza (1996-98) e responsable de Organización dos CAF (1999-2001). Foi un dos coordinadores do Simposio-Homenaxe a Xosé Chao Rego (2004), e do Simposio Internacional Priscilano (2006). Foi secretario (2002-2012) e presidente (2012-2014) da Agrupación Cultural O Galo e vicepresidente da federación de asociacións culturais Galiza Cultura. É membro da permanente da Mesa pola Normalización Lingüística e da xestora de Queremos Galego!. Desde 2007 é o responsable de coordinar a organización do Correlingua.

En abril de 2014 foi elixido cuarto presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.[1]

  • Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, con Elsa Quintas Albores (2024). Santiago: Laiovento. 210 páxs. ISBN 978-84-8487-685-4.[2]
  1. "Marcos Maceira, novo presidente da Mesa". Praza Pública. 19 de abril de 2014. 
  2. Diario, Nós (2024-05-17). "'Liberdade e política para o galego', por Marcos Maceira". Nós Diario. Consultado o 2024-07-13. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar