Marcial García Cereijo
sacerdote e xornalista galego
Marcial García Cereijo, nado en Piñeira (Taboada) o 21 de febreiro de 1873 e finado en San Salvador de Asma (Chantada) o 15 de febreiro de 1935, foi un sacerdote e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1873 Piñeira, España |
Morte | 15 de febreiro de 1935 (61 anos) San Salvador de Asma, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEstudou nos Seminarios de Ourense e Lugo e licenciouse en teoloxía en Compostela. Foi ordenado sacerdote en 1897. Exerceu como párroco en San Salvador de Asma. Foi promotor dun Sindicato Agrícola na súa parroquia en 1916[1]. Foi redactor de El Centinela e colaborou en Juventud. Na República foi detido e sancionado en 1932 por censurar desde o púlpito a Lei de Matrimonio Civil[2].
Notas
editar- ↑ El Regional, 23-8-1915, 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-9-1932, p. 9.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- García Cortés, Carlos (1997). Biblioteca Seminario Diocesano, ed. "Lucenses graduados na Universidade Eclesiástica de Santiago" (PDF). Lucensia VII (14): 135–190. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2016.