Abrir o menú principal

Antiga Marcha do Reino de Galicia

A Antiga Marcha do Reino de Galicia é unha marcha procesional recoñecida oficialmente como un distintivo tradicional[1] de Galicia. A súa autoría pérdese na tradición popular. Foi executada correntemente polos gaiteiros das confrarías procesionais ao longo dos séculos.

Tamén recibiu a denominación Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia ou Marcha dos Peregrinos, posto que era interpretada habitualmente durante a chegada de xente vida de toda Europa en peregrinación a Compostela.

Cadaleito de Fraga entrando na igrexa de Perbes, ante a Real Banda de Gaitas mentres tocaba a Antiga Marcha do Reino de Galicia.

A Antiga Marcha do Reino é solemne e lenta e con algunhas fases de muiñeira. Interprétase con gaitas en tres tonalidades e percusión.

Índice

NotasEditar

  1. Disposición adicional cuarta da Lei de símbolos de Galicia

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar