Abrir o menú principal

Marcelino Oreja Elósegui

político español

Marcelino Oreja Elósegui, nado en Ibarranguelu en 1891, e finado en Mondragón o 5 de outubro de 1934, foi un político tradicionalista e empresario español, pai de Marcelino Orella Aguirre e avó de Jaime Mayor Oreja.

Marcelino Oreja Elósegui
Marcelino Oreja Elosegui.png
Nacemento1891
 Ibarrangelu
Falecemento5 de outubro de 1934
 Mondragón
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo vasco
Ocupaciónpolítico, empresario e enxeñeiro
FillosMarcelino Oreja Aguirre
IrmánsRicardo Oreja e Benigno Oreja Elosegui
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Enxeñeiro de camiños, foi xerente da Unión Cerrajera de Mondragón. Membro de Acción Católica e da Asociación Católica Nacional de Propagandistas, foi elixido deputado tradicionalista por Biscaia nas eleccións xerais de 1931, dentro da candidatura católica a prol do estatuto vasco que promovían carlistas, nacionalistas vascos e católicos independentes, integrándose na Minoría Vasco-Navarra.

Durante a Revolución de Outubro de 1934, instigada en Guipúscoa por Ricardo Ceciaga foi acusado de non contratar a traballadores socialistas e sindicalistas, motivo polo que foi detido e conducido á Casa do Pobo de Mondragón, sendo asasinado xunto a Dagoberto Resusta.[1]

Anos máis tarde, Celestino Uriarte, dirixente da insurrección, que fora condenado á morte en 1946 polo crime, declarou que Orella nalgunha ocasión afirmara que na súa empresa non ía traballar ningún socialista e que antes de pisar a súa fábrica terían que comer herba.[2]

NotasEditar