Abrir o menú principal

Mondragón, Guipúscoa

concello vasco

Coordenadas: 43°3′56″N 2°29′24″O / 43.06556, -2.49000

Arrasate / Mondragón
Arrasate
Coat of Arms of Mondragón.svg
Arrasateko erdialdea.jpg
Arrasate - Mondragón
Localización
Gipuzkoa municipalities Arrasate.JPG
PaísEspaña
Comunidade AutónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcaDebagoiena
Xeografía
Altitude223 msnm
Superficie34,2 km²
Demografía
Poboación22.112 hab. (2007)
Densidade718,05 hab./km²
XentilicioArrasatearra
Outros datos
Código postal20500
AlcaldeInazio Azkarragaurizar Larrea (Bildu)
Arrasateko Udala / Ayuntamiento de Mondragón
Arrasate desde o monte Udalatx.

Mondragón[1] (en castelán: Mondragón, en éuscaro: Arrasate e no dialecto local Mondragoe[Cómpre referencia]; oficialmente Arrasate/Mondragón) é un concello de Guipúscoa, o máis poboado da comarca de Debagoiena, no País Vasco, con 22.116 habitantes, que ocupan unha área de 30,8 km².

EconomíaEditar

É coñecido pola súa activitade cooperativa, que orixinou a creación de empresas como Euskadiko Kutxa/Caja Laboral, Eroski, Fagor, Universidade de Mondragón etc. Todas estas cooperativas forman parte de Mondragón Corporación Cooperativa (MCC). Moitos habitantes de Arrasate e da comarca, e aínda de todo o País Vasco, traballan en diferentes empresas desta cooperativa.

DemografíaEditar

 

XeografíaEditar

Arrasate está situado no suroeste do territorio de Guipúscoa, no límite con as provincias de Áraba e Biscaia. O municipio está nun val, arrodeado de montañas, entre as que cómpre destacar o Udalatx (1.117 m), e con menor elevación o Murugain (778 m) e o Kurtzetxiki (532 m).

O concello limita o norte con Elorrio (Biscaia) e Bergara, ao sur con Aretxabaleta, ao leste con Oñati e ao oeste con Aramaio (Áraba).

Festas e tradiciónsEditar

  • Sanjuanak (San Xoán) son as festas patronais de Arrasate, entre o 23 e o 26 de xuño.
  • Maritxu Kajoi (Maruxa a do caixón), no primeiro venres de outubro. É unha festa nova que se ven celebrado desde 1977, máis que ten acadado unha enorme popularidade. A xente viste as mellores galas e pechan a festa perante unha imaxe de María, que realiza todos os anos un "milagre".

NotasEditar

  1. Forma maioritaria de uso en galego, como por exemplo en Olealdecoa, Garbiñe (1990). "As cooperativas de crédito, a súa configuración na Lei 1/1982 do 11 de febreiro do Parlamento Vasco; a experiencia de Mondragón". Cooperativismo e economía social (Vigo) (2). 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar