Marcel Carné

director de cinema francés

Marcel Carné, nado en París o 18 de agosto de 1906[1] e finado en Clamart (Altos do Sena) o 31 de outubro de 1996 foi un director de cinema francés. Foi unha figura clave do movemento do realismo poético.

Modelo:BiografíaMarcel Carné

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1906 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 1996 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Clamart, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Vincent Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, crítico de cinema, crítico de arte, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteFrench-language art critics bibliographies (en) Traducir
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.272) Editar o valor en Wikidata
Sitio webmarcel-carne.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0138893 Allocine: 221 Rottentomatoes: celebrity/marcel_carne Allmovie: p83923 Metacritic: person/marcel-carne
BNE: XX1710082 Discogs: 1106885 Find a Grave: 7749022 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Carné era fillo dun ebanista, e a súa nai finou cando el tiña cinco anos.[2] A súa carreira comezou como crítico de cinema, chegando a ser editor no semanario Hebdo-Films,[3] e traballando para Cinémagazine e Cinémonde entre 1929 e 1933.[4] Na mesma época traballou como axudante de cámara de Jacques Feyder, debutando como director coa curtametraxe Nogent, Eldorado du dimanche (1929).

Feyder aceptou unha invitación de Alexander Korda para traballar en Inglaterra e fixo posible que Carné tomase o seu proxecto e dirixise Jenny (1936).[4] O filme iniciou a súa colaboración co guionista e poeta surrealista Jacques Prévert. Esta relación durou máis de doce anos e se envolveron no realismo poético.

Durante a ocupación alemá de Francia na segunda guerra mundial traballou na zona de Vichy onde sorteou os intentos de control artístico por parte do réxime; algúns dos membros do seu equipo eran xudeus, como Joseph Kosma e Alexandre Trauner e o propio Carné era abertamente homosexual. Baixo condicións difíciles dirixiu o seu filme máis recordado, Les enfants du paradis (1945) estreado trala liberación de Francia.

Na década de 1950 a sona de Carné baixara e os críticos de Cahiers du cinéma desprezárono, dándolle os méritos dos seus filmes só a Prévert.[5] Á parte do éxito de 1958 Os mentireiros, os filmes de posguerra de Carné foron unha serie de fracasos.

Filmografía

editar
  1. Artigo explicando o problema coa data de nacemento de Marcel Carné Arquivado 13 de outubro de 2009 en Wayback Machine. (en francés)
  2. Gary Arnold "Vaults: Remembering Marcel Carne", Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine. The Washington Times, 9 de agosto de 2009
  3. Alan Riding "Marcel Carne, Film Director, Dies at 90", New York Times, 1 de novembro de 1996
  4. 4,0 4,1 Richard Roud "Marcel Carné and Jacques Prevert" in Roud Cinema: A Critical Dictionary: Volume One, Aldrich to King, Londres: Secker & Warburg, 1980, p.189-92, 189, 191
  5. Gilbert Adair e Mike Goodridge Obituary: Marcel Carné, Arquivado 05 de setembro de 2015 en Wayback Machine. The Independent, 1 de novembro de 1996
  6. Pérez, Michel (1986). Ramsay Poche Cinema, ed. Les Films de Carné. p. 175. ISBN 2-84114-010-5. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar