Mar Maior é o undécimo álbum de estudio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse o 5 de xuño de 2012, baixo o selo Warner Music.

Mar Maior
Álbum de Luar na Lubre
Publicado5 de xuño de 2012
Duración2:00:30
Xénero(s)Folk
Selo(s)Warner
Producido porBieito Romero
Xabier Ferreiro
Cronoloxía
Solsticio (2010) Mar Maior Sons da lubre nas noites de luar (2012)

Trátase dun álbum onde gaña protagonismo a música medieval, en especial a galaico-portuguesa, e onde seguen presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas, así como composicións elaboradas polo propio grupo, que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no relato mítico do Lebor Gabála Érenn (que verá a súa máxima expresión no álbum en directo do grupo Torre de Breoghán, publicado dous anos despois). Igualmente, trátase do primeiro álbum coa vocalista Paula Rey.[1]

Lista de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "A invocación de Amergín"  Tradicional · Bieito Romero · Carme R. Alonso · L.N.L. 5:20
2. "Romance en novembro"  Tradicional · Xabier Cordal · L.N.L. 5:22
3. "Ich"  Afonso X · Bieito Romero · L.N.L. 3:06
4. "Camiño de Caión"  Tradicional · L.N.L. 4:01
5. "Gran Sol"  Tradicional · Afonxo X · Bieito Romero · L.N.L. 9:21
6. "Dona Alda"  Cancioneiro galego de Casto Sampedro y Folgar · Bieito Romero · L.N.L. 4:34
7. "Santa María Loei"  Afonso X · Bieito Romero · Tradicional · L.N.L. 5:11
8. "Leabhar Ghabhála"  Tradicional · Bieito Romero · L.N.L. 7:17
9. "Mahdad'el Comigo"  Martín Codax · L.N.L. 2:39
10. "Ao pasar pola Coruña"  Tradicional · Bieito Romero · L.N.L. 4:21
11. "Milesians"  Afonso X · Bieito Romero · L.N.L. 4:02
12. "Canto de Arada"  Cancioneiro galego de Casto Sampedro y Folgar · L.N.L. 2:58
13. "Les Set Gotx"  Llibre Vermell de Montserrat · L.N.L. 2:27
14. "Camiña Don Sancho"  Tradicional · Nani García · L.N.L. 3:39

Notas editar

  1. "Luar Na Lubre publica su nuevo disco, «Mar Maior»". cancioneros.com (en castelán). 22 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar