María José Rodríguez Malmierca

investigadora en tecnoloxía educativa


María José Rodríguez Malmierca, nada en Logroño en 1970,[1] é a responsable da Área de E-learning e Colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia dende 1999.

Infotaula de personaMaría José Rodríguez Malmierca
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Logroño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela (2022–)
Universidade da Rioxa - grao de pregrao (1989–1992) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorXunta de Galicia (1998–1998) Editar o valor em Wikidata

LinkedIn: malmierca Dialnet: 464594 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

María José Rodríguez é doutora en educación e licenciada en Filoloxía Inglesa. Tivo contacto coa informática dende pequena grazas ao seu pai, un dos primeiros profesores de informática en FP nos anos 80. Grazas ao seu dominio do inglés comezou a deseñar páxinas web, en especial escolares, e impartindo formación neste eido.[2]

Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres nas TIC, como o proxecto europeo ICT-Go-Girls!: Promoting entrepreneurship among secondary school girls through ICT,[3] a celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC no CESGA[4] e tamén participa no programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[5]

En 2022, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela coa tese "La integración de la tecnología de computación en la nube en el proceso de enseñanza-aprendizaje: el proyecto RuralSchoolCloud",[6] coa que obtivo un sobresaínte cum laude.[7] A tese está baseada nunha investigación sobre os resultados do proxecto europeo RuralSchoolCloud. Dito proxecto foi parte da liña de investigación do CESGA sobre computación na nube e escola rural, que comezou en 2011 co proxecto Rural School Communities for Education in the Cloud desenvolvido no CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas, e no posterior proxecto Rede de Escolas na Nube, mediante senllos convenios coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia e AMTEGA, e por outra banda, coa empresa TIC Balidea. Os resultados desenvolvidos neste proxecto foron transferidos mediante un acordo coa AMTEGA e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que dende 2017, estendeu a dispoñibilidade do programa a todas as escolas rurais de Galicia.

Tamén participou como xurado dos premios Prismas 2019[8] e na cuarta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal.[9] Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[10]

Recoñecementos editar

  • Galardón "10 anos Conectad@s" do CPEIG polo traballo de promoción das TIC para o futuro profesional e académico das máis pequenas.[11]

Notas editar

  1. "Entrevista - María José Rodríguez Malmierca" (en inglés). Consultado o 2020-12-18. 
  2. "MULLERES TECNOLÓXICAS". Agasol. Consultado o 2020-12-18. 
  3. "ICT-Go-Girls!". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-12-27. Consultado o 2020-12-18. 
  4. "Es erróneo pensar que la tecnología para la mujer ha de ser rosa". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  5. "Unha enxeñeira ou científica en cada cole - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2020-12-18. 
  6. Rodríguez Malmierca, María José (2022). "La integración de la tecnología de computación en la nube en el proceso de enseñanza-aprendizaje: el proyecto RuralSchoolCloud". 
  7. Tecnoeduc (2022-03-09). "La investigadora del Grupo TECNOEDUC María José Rodríguez Malmierca Doctora Cum Laude en Ciencias de la Educación". Tecnoeduc (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  8. www.axel-k.com (2019-09-30). "La página web del CNIO recibe la Mención Honorífica de los prestigiosos Premios Prismas 2019 en la modalidad de nuevos medios". CNIO (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  9. Redacción (2020-09-14). "Constituído o xurado dos Premios Spin-Off PuntoGal coa presenza de investigadoras de prestixio". GCiencia. Consultado o 2020-12-18. 
  10. Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21. 
  11. dLightman. "A Noite celebra os 10 anos do CPEIG co orgullo de compartir unha gran profesión". www.cpeig.gal. Consultado o 2020-12-18.