Unha enxeñeira ou científica en cada cole

iniciativa para a visibilidade das mulleres nas áreas STEM

Unha enxeñeira ou científica en cada cole[1] é unha iniciativa desenvolvida pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela coordinada por Eva Aguayo Lorenzo e Encina Calvo IIglesias[2], co fin de visibilizar[3][4] as mulleres nas disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), coa realización de obradoiros dirixidos ao alumnado de primaria dos colexios públicos do Concello de Santiago de Compostela. A actividade púxose en marcha no ano 2016,[5] no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC, e conta xa con sete edicións.[6][7][8] Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o día 11 de febreiro, a Universidade de Santiago de Compostela abre a todos os centros de educación primaria galegos a inscrición en modalidade virtual no programa.[9]

Os obradoiros impartidos por profesoras e investigadoras da USC e do CESGA inclúen distintas disciplinas :

  • Informática visual aplicada á bioloxía. Impartido por Eva Cernadas profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do CITIUS.
  • Coas mates pódense gardar segredos. Impartido por Elena Vázquez Abal, profesora da Área de Xeometría e Topoloxía da USC.
  • Falando cos superordenadores. Impartido por Mª José Rodríguez Malmierca e Natalia Costas, investigadoras do CESGA.
  • Xogando coa luz. Impartido polas profesoras e investigadoras Maite Flores, María Aymerich e Carmen Bao da Área de Óptica da USC.
  • Buscando estrelas. Impartido por Josefina Ling profesora de Astronomía da USC e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
  • So facemos química cando imos ao laboratorio?. Impartido polas profesoras Mª Raquel Domínguez González do Departamento de Química Analítica e Ana Mª García Deibe do Departamento de Química Inorgánica da USC.
  • A túa pegada no planeta. Impartido pola profesora Almudena Hospido e Laura Roibás, do Departamento de Enxeñería Química da USC.
  • Aprendendo Química a través da Realidade Virtual e a Realidade Aumentada. Impartido por Rebeca García Fandiño, investigadora do CiQUS.
  • Intelixencia artificial: O significado da intelixencia. Impartido pola profesora María Jesús Taboada Iglesias da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC.
  • A programación é cousa de nen@s. Impartido pola profesora Paula López Martínez do Departamento de Electrónica e Computación e investigadora do CITIUS.
  • A Maxia da Química. Impartido por Mª Dolores Pérez, profesora do Departamento de Química Orgánica da USC e directora adxunta do CiQUS, Laura Acevedo e Noela Torrente, técnicas superiores de apoio á investigación do CiQUS da USC.
  • Luz, cor e sombra. Impartido polas profesoras Elena López Lago e Dolores Mouriz Cereijo da Área de Óptica da USC.
  • Xogando con modelos matemáticos. Impartido polas profesoras Mª del Carmen Muñiz Castiñeira e Pilar Salgado Rodríguez do Departamento de Matemática Aplicada da USC.
  • Física Divertida. Impartido polas profesoras Mª José Pérez Comuñas e Encina Calvo Iglesias da Área de Física Aplicada da USC.

Notas editar

  1. Calvo Iglesias, Encina; Pérez Comuñas, María José; López Martínez, Paula; Aymerich López, María de la Inmaculada; Bao Varela, María del Carmen; Flores-Arias, María Teresa; García Fandiño, Rebeca; Costas Lago, Natalia; Rodríguez Malmierca, Mª José (2017). Unha enxeñeira ou científica en cada cole. Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-766-1. 
  2. Lorenzo, Encina Calvo Iglesias e Eva Aguayo (2022-02-10). "Celebremos o 11 de febreiro". GCiencia. Consultado o 2022-04-19. 
  3. Calvo Iglesias, Encina; Aguayo Lorenzo, Eva (2018). Científicas e ingenieras como referentes en los colegios de primaria. Asociación Formación IB. ISBN 978-84-948417-0-5. 
  4. Calvo Iglesias, Encina; Aguayo Lorenzo, Eva (2019). Actividades para promover vocaciones STEM en las niñas. Educación Editora. ISBN 978-84-15524-42-7. 
  5. Aguayo Lorenzo, Eva; Calvo Iglesias, Encina (2017). Visibilizando a científicas e ingenieras en centros de educación primaria. AFOE Formación. ISBN 978-84-608-8348-7. 
  6. "Enxeñeiras e científicas en todas as escolas". Praza Pública. 2017-10-03. Consultado o 2021-01-22. 
  7. carlos (2017-10-02). "El Cesga participa en la segunda edición de "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"". Cesga - Centro de Supercomputación de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  8. Horas, Compostela 24. "Comienza la tercera edición del programa "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"". Compostela 24 Horas (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-22. 
  9. "La USC oferta 11 talleres a colegios para visibilizar el papel de la mujer en la ciencia". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-31. Consultado o 2022-02-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar