María José Martínez Patiño

atleta española

María José Martínez Patiño, nada en Vigo o 10 de xullo de 1961, é unha deportista e exatleta galega, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra da Universidade de Vigo,[1] e membro da Comisión de Bioética do Comité Olímpico Internacional (COI).

María José Martínez Patiño
Nome completoMaría José Martínez Patiño
Nacemento10 de xullo de 1961
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónprofesora universitaria e atleta
Coñecida porPersonal account: A woman tried and tested
Na rede
Dialnet: 1909278 IAAF: 14559761 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Especialista en carreiras de valos, a súa expulsión do Equipo Olímpico español en 1986 por "non pasar" as probas de verificación do sexo supuxo un importante punto de inflexión[2] na historia deste tipo de probas nas competicións deportivas. Martínez Patiño foi suspendida despois dunha competición que puido servirlle para clasificarse para os Xogos Olímpicos de Seúl 1988.[3] Foi humillada publicamente cando participaba na modalidade de valos no campionato de España de atletismo de 1986, mais recorreu con éxito a perda da súa licenza da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo e puido competir na clasificación para os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Dende entón escribiu sobre a súa experiencia e sobre as probas ás que se someteu; as súas secuelas convertéronse nun caso amplamente citado sobre as probas de determinación de sexo así como sobre a vida privada das atletas.[4]

Traxectoria editar

Martínez Patiño participou na proba de 100 metros valos, no que o seu mellor tempo foi de 13,71 s (Madrid, 1983). A súa mellor marca nunha proba internacional foi de 13,78 s no Campionato Mundial de Atletismo de 1983 en Helsinqui.[5]

Martínez Patiño é unha muller con cariotipo 46, XY[6] que presenta síndrome de insensibilidade aos andróxenos (SIA).[7] En 1983, pasou unha proba de sexo nos campionatos mundiais e recibiu un "certificado de feminidade".[8] Porén, en 1985 a súa proba da cromatina sexual resultou negativa, e a consecuencia diso foille retirado o dereito a participar en probas de atletismo femininas. Esta proba practicóuselle durante a Universíada de Kobe, debido a que a atleta esquecera levar o resultado da proba que superara dous anos antes.[2][6] Nesa época, a proba da cromatina sexual era o primeiro paso no proceso de verificación do sexo, e non pretendía ofrecer unha decisión final e definitiva, mais os responsables do Comité Olímpico Internacional e da IAAF, afirmando protexer a privacidade das atletas,[nota 1] aconsellaban as atletas simular unha lesión tras obter un resultado negativo no test de xeito que puidesen abandonar a competición de maneira discreta. Isto foi o que se lle aconsellou facer a Martínez Patiño, e ela obedeceu.[7] Dous meses máis tarde, recibiu unha carta que a clasificaba como varón, citando o seu cariotipo 46,XY, malia que calquera vantaxe que puidese ter por iso estaba contrarrestada pola síndrome de insensibilidade aos andróxenos: "foi descalificada por unha vantaxe que non tiña".[8]

En 1986, presentouse á carreira dos 60 metros valos no campionato de España, mais foi advertida de que ou abandonaba de xeito discreto ou sería denunciada publicamente. Competiu e gañou, mais foi duramente castigada na prensa española. Perdeu a súa bolsa e o seu aloxamento na residencia deportiva, ademais de pagar un prezo persoal ao perder a súa privacidade e romper co seu mozo. Continuou a loitar contra a súa expulsión, e en 1988 atopou un defensor no xenetista Albert de la Chapelle;[nota 2] recuperou a súa licenza internacional tres meses máis tarde. Tratou de clasificarse para os Xogos Olímpicos de 1992, pero non o conseguiu por unha décima de segundo.[8]

En 2005, Martínez Patiño describiu a súa experiencia en Personal Account: A woman Tried and Tested, publicado por The Lancet.[11]

En 2012, en Reexamining Rationales of 'Fairness': An Athlete and Insider's Perspective on the New Policies on Hyperandrogenism in Elite Female Athletes, publicado polo American Journal of Bioethics, analizou xunto con Hida Viloria as actuais técnicas de verificación de xénero no deporte.[12]

Notas editar

  1. A humillación pública de Ewa Kłobukowska, unha corredora polaca que fora declarada varón en 1967, provocara unha protesta que levou a un cambio na política do COI.[9]
  2. De la Chapelle era un crítico declarado das probas realizadas pola IAAF,[8] e en 1986 escribira no Journal of the American Medical Association que "o actual método de determinación é impreciso e discriminatorio".[10]
Referencias
  1. María José Martínez Patiño Arquivado 12 de agosto de 2018 en Wayback Machine. en UVIGO. Listaxe de profesorado.
  2. 2,0 2,1 Zeigler, Cyd (7 de setembro de 2011). "Moment #27: María José Martínez-Patiño kicked off Spanish track team, titles stripped". Outsports. Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  3. Bardin, Jon (30 de xullo de 2012). "Olympic Games and the tricky science of telling men from women". Los Angeles Times. Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  4. Ferrante, Joan (2010). Sociology: A Global Perspective, Enhanced. Cengage Learning. p. 268. ISBN 9780840032041. 
  5. International Association of Athletics Federations (ed.). "Athlete profile for María José Martinez Patino". Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Ljungqvist, A. (2008). "Gender Verification". The Encyclopaedia of Sports Medicine: An IOC Medical Commission Publication, Women in Sport (en inglés). John Wiley & Sons. pp. 183–93. ISBN 9780470756850. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  7. 7,0 7,1 Cole, Cheryl L. (2000). "One Chromosome Too Many?". En Schaffer, Kay; Smith, Sidonie. The Olympics at the Millennium: Power, Politics, and the Games (en inglés). Rutgers UP. pp. 128–46. ISBN 9780813528205. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Schultz, Jaime (2014). Qualifying Times: Points of Change in U.S. Women's Sport. U of Illinois P. pp. 111–12. ISBN 9780252095962. 
  9. Schultz, Jaime (2012). "Disciplining Sex: 'Gender Verification' Policies and Women's Sports". En Jefferson Lenskyj, Helen; Wagg, Stephen. The Palgrave Handbook of Olympic Studies. Palgrave Macmillan. pp. 443–60. ISBN 9780230367463. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  10. Wiesemann, Claudia (2011). "Is there a right not to know one's sex? The ethics of 'gender verification' in women's sports competition". Journal of Medical Ethics 37 (4): 216–20. 
  11. Martínez-Patiño, Maria José (decembro de 2005). "Personal Account: A woman Tried and Tested". The Lancet: 366–538. 
  12. Viloria, Hida Patricia; Martínez-Patino, Maria Jose (xullo de 2012). "Reexamining Rationales of 'Fairness': An Athlete and Insider's Perspective on the New Policies on Hyperandrogenism in Elite Female Athletes". The American Journal of Bioethics 12 (7): 17–19. ISSN 1526-5161. doi:10.1080/15265161.2012.680543. Consultado o 14 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar