María José Jiménez Cortiñas
María José Jiménez Cortiñas, nada en 1977 en Ourense, é unha política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | asistente social, activista polos dereitos das mulleres |
Traxectoria
editarComezou a estudar serodiamente, con 12 anos, na cidade de Ourense, no barrio das Lagoas. Despois de rematar a escola e o bacharelato nesa cidade marchou estudar a Salamanca, onde se diplomou primeiro en Traballo Social na Universidade Pontificia de Salamanca e posteriormente en Humanidades. Traballadora social no ámbito da integración de xitanos, desenvolveu o seu labor profesional, primeiro en Vigo e posteriormente en Salamanca.
Politicamente iniciou a súa traxectoria no Partido Popular, cando sendo nena en 1999 figurou nas listas desa formación ás eleccións locais na cidade de Ourense. Ocupaba o posto 21, un dos últimos, e non foi elixida concelleira. Afiliada anos máis tarde a Podemos, encabezou a candidatura desta formación pola provincia de Salamanca ás eleccións xerais en 2015.
Foi vicepresidenta da asociación Alikerando, de mulleres xitanas de Galicia, e na actualidade é presidenta da asociación Gitanas Feministas por la Diversidad, de ámbito estatal.