Abrir o menú principal

María Eugenia Rodríguez Palop, nada en Llerena o 9 de marzo de 1970, é unha xurista e política española, profesora de filosofía do dereito na Universidade Carlos III de Madrid, especializada en dereitos humanos[1][2].

María Eugenia Rodríguez Palop
(M.ª Eugenia R. Palop & Sira Rego) Spot 2019. Unidas Podemos Cambiar Europa (cropped).jpg
Nome completoMaría Eugenia Rodríguez Palop
Nacemento9 de marzo de 1970
 Llerena
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas e Universidade Carlos III de Madrid
Ocupaciónxurista, tenured professor, ensaísta, columnista, investigadora, avogada e política
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmá de María Isabel, responsable de comunicación da dirección xeral de Turismo da Xunta de Estremadura e de María Luisa, correspondente de TVE en París[3][4][5][6]. Licenciouse en dereito pola Universidade Pontificia Comillas en 1993 e obtivo o doutoramento na Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) no ano 2000.[7]

Investigadora do Instituto de Estudios de Género e mais do Instituto de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas da UC3M, foi un dos 60 académicos asinantes en xuño de 2018 dun manifesto reclamando a reforma da Constitución española para lle dar pulo a un «proxecto político federal».[8]

En marzo de 2019, co anuncio da renuncia de Pablo Bustinduy a encabezar a lista da coalición Unidas Podemos cambiar Europa para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, Podemos e Bustinduy anunciaron que Palop, como independente, ocuparía o lugar de Bustinduy na candidatura[9].

ObrasEditar

  • Rodríguez Palop. La nueva generación de derechos humanos. Origen y justificación. Madrid: Dykinson.  Madrid: Dykinson.
  • Rodríguez Palop. Claves para entender los nuevos derechos humanos. Madrid: Catarata.  (2011).
  • Rodríguez Palop. Revolución feminista y políticas de lo común frente a la extrema derecha. Icaria. [10] 


NotasEditar

  1. "Reivindican los movimientos sociales en apoyo de los ayuntamientos del cambio". Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  2. "Palop sobre el gobierno de Sánchez: «Vamos a ver si es un gobierno feminista»". Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  3. "«La política de muros de la UE deja atrás a los más vulnerables»". 29 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  4. "Curriculum vitae de María Eugenia Rodríguez Palop" (PDF). enero de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  5. "50 miradas de fuera de Catalunya sobre el 2-O". Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  6. "La extremeña María Eugenia Rodríguez Palop encabeza la lista de Podemos a Europa". 
  7. "Nuevas incorporaciones al Patronato de FUHEM". FUHEM. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  8. Vizoso, Sonia. "60 juristas, politólogos e historiadores piden una reforma federal para salir del atolladero catalán". Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  9. Romero, Alexis. "Bustinduy abandona la candidatura de Podemos a las europeas y la primera línea política". Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  10. Yanke, Rebeca. "¿Son el hartazgo y la ira las gasolinas del feminismo actual?". Consultado o 22 de marzo de 2019.