Abrir o menú principal

Emma Álvarez Chao

política española
(Redirixido desde "María Emma Álvarez Chao")

Emma Álvarez Chao, nada en Lourenzá o 4 de setembro de 1974, é unha política galega do PPdeG.

Emma Álvarez Chao
Nacemento4 de setembro de 1974
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1996 traballou en Os Irmandiños Soc. Coop. Galega. Nas municipais de 2007 foi candidata do PPdeG ao concello de Lourenzá, resultou elixida e foi concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural. Foi candidata nas autonómicas de 2009, non saíu elixida pero foi deputada do Parlamento de Galicia substituíndo a Raquel Arias Rodríguez. Foi voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular. Logo da dimisión de Vidal Martínez-Sierra López en setembro de 2012, foi elixida alcaldesa de Lourenzá[1], sendo relevada no cargo pola socialista Rocío López García tras as eleccións municipais do ano 2015[2].


Predecesor:
Vidal Martínez-Sierra López
  
Alcaldesa de Lourenzá
 
2012 - 2015
Sucesor:
Rocío López García

NotasEditar

Véxase taménEditar