María Alonso Pérez

mestra galega

María del Carmen Alonso Pérez, nada en Pontevedra o 2 de xuño de 1905,[1] foi unha mestra galega.

Infotaula de personaMaría Alonso Pérez
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1905 Editar o valor em Wikidata (118 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi nomeada mestra interina de Millarada en 1927.[2] Pediu a excedencia. Reintegróuse ao maxisterio como mestra de Mourente dende 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida polo gobernador civil.[3] Logo da suspensión inicial, o reitorado sancionouna cun mes de suspensión e volveu ocupar o seu posto. Sufriu un caso de extorsión disfrazada de doazón, pois tivo que "doar" 500 pesetas para evitar o rapado do pelo.[4] O 27 de abril de 1937 a Comisión Depuradora do Maxisterio de Pontevedra acordou sancionala coa separación definitiva do ensino baixo a acusación de: Anticatólica, simpatizante do Frente Popular, aconsellar e premiar ás nenas para que non fosen á igrexa e de adornar a escola o primeiro de maio con motivo da “fiesta del marxismo”. Presentou escritos de alegacións conseguindo que se revisase a sanción transformándoa en traslado dentro da provincia, perda de haberes no tempo da suspensión e inhabilitación para cargos directivos e de confianza en institucións culturais e do ensino. Volve solicitar a revisión do seu expediente de depuración e o 23 de xaneiro de 1941 resólvese coa confirmación no seu posto.

Vida persoal editar

Casou con Primo Arjona Cao en decembro de 1929.[5]

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933, p. 58.
  2. El Pueblo Gallego, 30-7-1927, p. 2.
  3. El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2.
  4. A liberdade tiña un prezo.
  5. El Progreso, 17-12-1929, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar