Abrir o menú principal

Manuel del Río Botana

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel del Río Botana, nado en Ordes en outubro de 1918 e finado no mesmo concello o 15 de maio de 1945, foi un enlace da guerrilla antifranquista galega.

Manuel del Río Botana
Nacementooutubro de 1918
 Ordes
Falecemento15 de maio de 1945
 Ordes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Domicialido en Sar. Cando estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era menor de idade e foi detido o 30 de xullo. Foi procesado xunto aos de Ordes e condenado a 12 anos e 1 día de cárcere. Pasou polas cadeas de Ordes, Santiago de Compostela, A Coruña, Vitoria e Alcalá de Henares. A condena foi conmutada á metade do tempo de reclusión e saíu en liberdade provisinal o 20 de xullo de 1941. Foi reclamado para cumprir o servizo militar obrigatorio e estivo destinado nun dos batallóns disciplinarios de soldados traballadores de Bilbao. De regreso a Ordes contactou co grupo de Manuel Ponte Pedreira. Morreu aos 26 anos a mans da Garda Civil o 15 de maio de 1945 no lugar de Queis, parroquia de Santa Cruz de Montaos (Ordes)[1].

Na súa homenaxe, Manuel Ponte Pedreira creou en 1946 o destacamento que leva o seu nome, dentro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. Ordes: Asociación Cultural Obradoiro de Historia. pp. 58–59. ISBN 978-84-614-8181-1. 
  • Pazos, Manuel (2018). "Manuel del Río Botana". Sermos Galiza (283): 11. 

Ligazóns externasEditar