Abrir o menú principal

Manuel da Maía

arquitecto portugués

Manuel da Maia, nado en Lisboa en 1680 e finado o 17 de setembro de 1768, xeneral, foi un arquitecto e enxeñeiro portugués, Enxeñeiro-Maior do reino en tempos do rei D. Xosé I.

Manuel da Maía
Manuel da Maia.png
Nacemento1677
 Lisboa
Falecemento17 de setembro de 1768
 Lisboa
NacionalidadePortugal
Ocupaciónarquitecto, arquiveiro e enxeñeiro
editar datos en Wikidata ]
A Baixa lisboense, de traza hipodámica, no centro dereita da vista aérea.

TraxectoriaEditar

Figura de relevo do século XVIII, o enxeñeiro Manuel da Maía estivo directamente envolvido, e foi o responsábel do éxito dalgúns dos máis ambiciosos proxectos de enxeñaría da época, tales como o Acueduto das Águas Livres ou a elaboración da nova planta da cidade de Lisboa, despois do terremoto de 1755. Centro de varias homaxes en vida, tales como condecoracións e mercés honoríficas, das que destaca o título de fidalgo da Casa Real e o de xeneral.

Contodo sería en novembro de 1755, na altura de cerca de 80 anos de idade, cando a conscuencia do terremoto de Lisboa, que Manuel da Maía deixaría, talvez, o seu maior legado: a coordinación da reconstrución da cidade de Lisboa.

Optando pola proposta do capitán de enxeñaría Eugénio dos Santos, creou o que hoxe é coñecido como a Baixa Pombalina. Neste proxecto colaborou tamén o enxeñeiro, de orixe húngara, Carlos Mardel.

Manuel da Maía ademais dun enxeñeiro de campo, foi tamén profesor da Aula de Fortificações, tendo ao futuro rei D. Xosé I como alumno. Menos coñecido, pero de gran importancia para a historia de Portugal, foi o traballo desenvolvido por Manuel da Maía como Guarda-mor do Real Arquivo da Torre do Tombo, posto que asumíu o 12 de novembro de 1745.

O Museo da Auga de Lisboa, dedicado á historia do abastecemento de auga da cidade, homenaxea a Manuel da Maía.

Véxase taménEditar