Manuel Villar Iglesias

médico, profesor e político galego

Manuel Villar Iglesias, nado en Noia o 30 de novembro de 1879 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 1949, foi un médico, profesor e político galego.

Infotaula de personaManuel Villar Iglesias
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , profesor universitario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, foi alumno agregado do Hospital Clínico e licenciouse en 1900. Doutorouse en 1904 cunha tese sobre as enfermidades venéreas, á pel e as vías urinarias. Ese mesmo ano trasladouse a París e Bruxelas para ampliar estudos. En 1905 foi nomeado profesor auxiliar extraordinario da Facultade de Medicina da USC. En 1910 marchou a Frankfurt, pensionado pola Deputación da Coruña, para proseguir a súa especialización. En 1911 foi designado profesor especial das enfermidades das Vías Urinarias na USC. En 1931 foi elixido encargado da cátedra de Dermatoloxía e Sifilografía. Foi director do Hospital de San Roque. Foi académico da Real de Medicina da Coruña, membro da Asociación Española e da Sociedade Internacional de Uroloxía. Foi alcalde de Santiago de Compostela en 1930 por un breve período. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza da UGT de Compostela á que representou no Congreso fundacional da Federación Galega de Traballadores da Ensinanza da UGT celebrado en Vigo en maio de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e inhabilitado para ocupar cargos de responsabilidade.


Predecesor:
Fernando Alsina González
  
Alcalde de Santiago
 
1930
Sucesor:
Felipe Gil Casares

Obras editar

  • Contribución al estudio de la uretrotomía interna, 1904.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar