Manuel Villar Cimadevila

político e xornalista galego

Manuel Enrique Villar Cimadevila, nado en Vila de Cruces en 1896 e finado en Gondomar o 6 de outubro de 1936, foi un político e xornalista galego.

Modelo:BiografíaManuel Villar Cimadevila
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor en Wikidata
Vila de Cruces, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Vincios, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11629

Traxectoria

editar

Instalouse en Vigo traballando como empregado no comercio La Innovación da Porta do Sol. Foi candidato ás municipais de 1931 pola ORGA e dirixente provincial do Partido Republicano Gallego e despois de Izquierda Republicana. Foi detido en xaneiro de 1935 acusado de pertencer ao Socorro Rojo Internacional.[1] Foi promotor e logo director do semanario Clarín de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado ao Frontón de María Berdiales. Foi paseado na Volta da Matanza, en Vichicáns (Vincios) o 6 de outubro, con Fernando Costas Iglesias e Emilio Comesaña Sobreira. Foron soterrados no cemiterio de Mañufe.[2]

Vida persoal

editar

Casou en Vigo con Enriqueta Villar Montes.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar