Manuel Tenreiro Mosquera

xastre e político galego

Manuel Tenreiro Mosquera nado en Pontedeume e finado en Ferrol o 25 de setembro de 1939, foi un xastre e político galego.

Infotaula de personaManuel Tenreiro Mosquera
Biografía
NacementoPontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1939 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Tenreiro López Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de José Tenreiro López. Xastre. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi reclamado polo Goberno civil da Coruña en setembro de 1936.[1] Foi detido e procesado na causa 318/38 contra a súa curmá Amelia Varela Bouza e outros. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo de San Filipe de Ferrol o 25 de setembro de 1939.

  1. La Voz de Galicia, 26-9-1936, p. 4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar