Amelia Varela Bouza

política galega

Amelia Varela Bouza, nada en Bañobre (Miño) en 1908, foi unha política galega.

Amelia Varela Bouza
Nacemento1908
 Bañobre, Castro, Miño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmá de Juan e José Varela Bouza. Durante a II República participou nos actos políticos de esquerda en Miño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida e procesada na causa 318/38 contra o seu curmán Manuel Tenreiro Mosquera e outros. Foi xulgada en Ferrol por rebelión militar e condenada a seis anos e un día de prisión. Estivo presa no campo de concentración de Saturrarán. Ao saír da prisión marchou a Madrid, onde traballou de criada. Morreu a finais da década de 1980.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar