Rosario Regueira Cereijo

escritora galega

María Rosario Regueira Cereijo, nada en Taboada o 3 de abril 1959,[1] é unha escritora galega.

Infotaula de personaRosario Regueira Cereijo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Taboada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: rosario.regueiracereijo BNE: XX5611520 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Traballadora nun centro de atención a persoas maiores. Activista política e social, especialmente na loita polos dereitos das mulleres. Foi unha das fundadoras de Mulleres Nacionalistas Galegas. Nas eleccións municipais de 1985 encabezou a candidatura do BNG no concello de Traboada e foi elixida concelleira; nas municipais de 1985 volveu ser elixida. Colabora en medios de comunicación.

Narrativa

editar
  • Sabela (2015). Chiado. 206 páxs. ISBN 9789895134243. Historia dunha saga de cinco xeracións de mulleres dunha mesma familia que decorre dede 1879 ata 1979.[2]
  • Cando pasou o que pasou (2017). Noia: Toxosoutos. 169 páxs. ISBN 978-84-947719-6-5. Novela histórica que recolle, oitenta anos de agonía, de silencio e de carraxe consecuencia da represión brutal que afectou a persoas con nomes e apelidos.[2]
  • Compañeira, non serva (2018). Noia: Toxosoutos. 244 páxs. ISBN 978-84-948966-6-8. Fotografías de Humberto Sanlés Domínguez. Reflicte as distintas maneiras que o patriarcado utiliza para someter, oprimir e maltratar a unha muller dentro do fogar propio. Pero tamén sinala maneiras de escapulir, de chegar a ser compañeiras en pé de igualdade, non servas sometidas e abusadas.[2]
  • A viaxe das andoriñas (2021). Noia: Toxosoutos. 207 páxs. ISBN 978-84-123409-6-9. Novela sobre migración. Dende o punto de vista dunha emigrante galega á Suíza na década dos anos 70/80 do século XX e dunha inmigrante colombiana a España a primeiros do XXI.[2]
  • Retrato de ida e volta (2023). Noia: Toxosoutos. 308 páxs. ISBN 978-84-127039-8-6. Novela protagonizada por mulleres que trata de reflectir as contradicións entre o mundo urbano e o rural.[3]

Ensaio

editar
  • Esbozos do deporte galego. Unha aproximación ao atletismo (2016). Sportis Formación Deportiva, Federación Galega de Atletismo. ISBN 9788494347740.
  1. Regueira, Rosario (2019-07-09). Rosario Regueira, escritora: "Nun sistema tan opresivo para a muller, ser monxa era unha opción cómoda". Lugo Xornal. Entrevista con Silvia López. Consultado o 11 de xullo de 20191. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "María Rosario Regueira Cereijo". www.aelg.gal. Consultado o 2023-09-20. 
  3. "Rosario Regueira, escritora que presenta novela en Lugo: «Téndese a idealizar o rural, pero tamén pode ser un lugar opresivo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-09-19. Consultado o 2023-09-20. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar