Manuel Sarille Lanceiro
Manuel Sarille Lanceiro, nado en Montecubeiro (Castroverde) o 8 de maio de 1923 e finado no mesmo lugar o 25 de maio de 2008, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1923 Montecubeiro, España |
Morte | 25 de maio de 2008 (85 anos) Montecubeiro, España |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor |
Familia | |
Fillos | Xosé Manuel Sarille |
Traxectoria
editarIngresou nas Xuventudes Socialistas en setembro de 1935. O 14 de abril de 1936 participou nun mitin da República en Montecubeiro. Tralos sucesos de Montecubeiro en agosto de 1937 nos que foron asasinados 14 veciños (entre eles a súa irmá Carmen Sarille Lanceiro), figurou nas listas de persoas a fusilar. Estivo preso. En 1945 ingresou en Telégrafos por oposición. En 1976 afiliouse ao PSOE, do que foi membro da executiva galega e do comité federal. Financiou e dirixiu o monólito aos mortos de Montecubeiro de 1937, coa colaboración do concello de Castroverde, instalado en 2003. Colaborou en El Progreso. Foi secretario do Moto-Club Lucense (1952-1958).
Obras
editar- A Pascua de Montecubeiro, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista Ólisbos nº 14.
- Arximiro Rico, luz dos humildes: Vida e morte dun mestre republicano, de Narciso de Gabriel e Xosé M. Sarille, 2002 (editor).
- Polos fillos dos fillos, 2003 (con Xosé Manuel Sarille Candeia).