Manuel Rodríguez González

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Rodríguez González, nado en Ourense e finado en Madrid o 3 de setembro de 1951, foi ebanista e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaManuel Rodríguez González
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ingresou nas Juventudes Socialistas Unificadas de Ourense a finais de 1946. Cando foron desmanteladas en marzo de 1948, encargouse de reorganizalas. Coa morte de Máximo Nóvoa Barreiros incorporouse á guerrilla de Samuel Mayo Méndez. Pertenceu ao grupo guerrilleiro de Juan Sorga Rodríguez. Tentou chegar co resto de grupo a Francia. Na viaxe foron sorprendidos pola Garda civil en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio de 1950, resultando morto Perfecto de Dios Fernández e detida a súa nai Carmen Fernández Seguín. Juan Sorga e Manuel Rodríguez lograron fuxir e chegaron a Madrid. O 26 de maio, cando viaxaba con Juan Sorga no tren correo Madrid-Zaragoza foi detido pola Garda civil, mentres Sorga logrou saltar do tren e fuxir. Xulgado en Madrid, foi condenado a pena de morte e executado en garrote vil o 3 de setembro de 1951.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Domínguez González, José (2016). A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario). Círculo Rojo. p. 70. ISBN 978-84-9126-680-8. 
  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus. pp. 327–333, 361–364. ISBN 978-84-612-6855-9. 

Ligazóns externas editar