Manuel Pedregal Luege

Manuel Pedregal Luege (tamén escrito o segundo apelido como Lueje), nado en Villaviciosa, Asturias sobre 1876 e finado en Madrid o 13 de abril de 1936, foi un xuíz e maxistrado español. Morreu en Madrid vítima dun atentado terrorista obra de pistoleiros de Falange Española de las JONS.

Infotaula de personaManuel Pedregal Luege
Biografía
Nacementoc. 1876 Editar o valor em Wikidata
Grau, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 1936 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaxistrado Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Obtivo a súa licenciatura en Dereito pola Universidade de Oviedo en 1902, sendo remitido o documento a Villaviciosa.[1] Presidente de Sala da Audiencia provincial de Valladolid, o 10 de xullo de 1931 é nomeado maxistrado da Audiencia Provincial de Madrid por xubilación de Julio de Torres Gisbert.[2] Máis tarde foi nomeado maxistrado do Tribunal Supremo. Tralo atentado ao deputado socialista Luis Jiménez de Asúa, perpetrado o 12 de marzo de 1936, estivo á fronte da instrución xudicial. Ademais, con anterioridade, sentenciou a un xove falanxista a unha longa condena polo asasinato dun vendedor de xornais de ideoloxía socialista.[3]

Pedregal morreu vítima dun atentado terrorista o 13 de abril de 1936, cando se desprazaba polo Paseo de Luchana, esquina á rúa Covarrubias, de Madrid.[4]

Recoñecementos editar

En Grau deuselle o nome do maxistrado ao Parque Manuel Pedregal.

Vida persoal editar

Casou con Luisa Candás, que recibiu unha pensión de 19.000 pesetas anuais tralo asasinato do seu home.

Notas editar

  1. "Oviedo". El Progreso de Asturias. 22-3-1902. p. 2. Consultado o 10-3-2024. 
  2. "Decretos" (PDF). Gaceta de Madrid (303). 11-7-1931. p. 303. Consultado o 20-3-2023. 
  3. Galbe Loshuertos, José Luis (2011). La Justicia de la República. Madrid: Marcial Pons Historia. p. 141. 
  4. "Decreto" (PDF). Gaceta de Madrid (121). 30-4-1936. p. 893. Consultado o 18-3-2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ellwood, Sheelagh (2001). Historia de la Falange Española. Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 9788484322023. 
  • Gallego, Ferrán; Morente (eds.), Francisco (2005). Fascismo en España. Barcelona: El Viejo Topo. ISBN 84-96356-32-9. 
  • Gibson, Ian (2008). En busca de José Antonio. Madrid: Editorial Aguilar. ISBN 978-84-03-09900-5. 
  • Gil Pecharromán, Julio (1996). José Antonio. Retrato de un visionario. Madrid: Ediciones Temas de hoy. ISBN 84-7880-692-X. 
  • González Calleja, Eduardo (2011). Contrarrevolucionarios: Radicalización violenta de las derechas durante la Segunda República, 1931-1936. Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-6455-2.